Skip to Content

ESTRUTURA DOS MODELOS DE EXAME

 

Fichas curriculares.
Estrutura dos modelos de exames.

A proposta desenvolve os contidos do Decreto de 23 de xuño de 2008.  O
currículo articúlase en sete FICHAS CURRICULARES (centradas nun autor ou
conxunto de autores). Cada FICHA está cruzada pola proposta de exame (coa
ponderación, sobre dez puntos, de cada parte). Quérese así facilitar unha clara
asociación da proba da PAAU e desenvolvemento curricular.

Observacións xerais:

  1. O desenvolvemento do currículo do Decreto de
    23 de xuño de 2008 confecciónase cruzándoo coa estrutura da proba co fin
    de facilitar a confección dos exames e posibilitar a incorporación á nova
    programación dos criterios de avaliación. O núcleo de cada ficha curricular
    é o autor.
  2. Os textos harmonízanse co apartado
    "Comprensión", é dicir, con textos do autor.
  3. O apartado "currículo" adapta o Decreto á
    nova proba e resume as liñas mestras de cada autor e da súa
    contextualización.
  4. Algúns dos temas, sen ligazón expresa a un
    autor, aparecen no apartado "Interpretación": por exemplo, en Filosofía
    antiga: o tránsito cara ao helenismo.
  5. A orde trocada "Interpretación, comprensión e
    coñecemento específico" só responde ao modo en que habitualmente se
    confecciona e elabora unha proba en relación co currículo.

 

A proposta redúcese a SETE FICHAS
CURRICULARES. Como cada FICHA se asocia a unha proba, teriamos, en realidade,
sete posibles probas para combinar consonte o seguinte esquema (ollo: en cada
opción só haberá unha FICHA CURRICULAR):

Tipo de exame

Opción A

 

Opción B

a

FICHA CURRICULAR 1

Platón

combina alternativamente con...

FICHAS CURRICULARES 3,
4, 5, 6 ou 7

b

FICHA CURRICULAR 2

Aristóteles

combina alternativamente con...

FICHAS CURRICULARES 3,
4, 5, 6 ou 7.

g

FICHA CURRICULAR 4

Descartes, Locke, Hume

combina alternativamente con...

FICHAS CURRICULARES 1,
2 ou 3.

d

FICHA CURRICULAR 5
Kant

combina alternativamente con...

FICHAS CURRICULARES 1,
2 ou 3.

 



book | by Dr. Radut