Skip to Content

BOLSAS NEAE DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN PARA O CURSO 2024-2025

 

 

 

Ábrese o prazo para solicitar as bolsas do Ministerio de Educación para o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE). 

As persoas beneficiarias destas axudas serán as que presenten:

 - Discapacidade 

 - TDAH con discapacidade asociada

 - Trastorno grave de conduta

 - Trastorno grave da comunicación e da linguaxe

 - Trastorno do Espectro Autista (TEA)

 - Altas Capacidades

 

A convocatoria das becas atópase na seguinte ligazón: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2024-14197

 

Prazo: do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024, ambos incluidos.

CALENDARIO DE RECLAMACIÓNS

  

2º de Bacharelato e pendentes de 1º de Bacharelato

 

Reclamacións no centro

Convocatoria ordinaria: os días 20 e 21 de maio de 2024 .

Convocatoria extraordinaria: os días 17 e 18 de xuño de 2024.

 

Reclamacións ante a Xefatura Territorial

Convocatoria ordinaria: os días 23 e 24 de maio de 2024.

Convocatoria extraordinaria: os días 20 e 21 de xuño de 2024.

 

 

 

A normativa de referencia é a seguinte:

• Instrución 10/2023 da D.X. de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen para o

curso 23/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo

curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa.

• Ordes polas que se establecen a ordenación e ou currículo e se regula a avaliación das

distintas etapas educativas na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos

centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia

INSTRUCCIÓNS PARA PREMATRÍCULA ABAU 2024

 

Por mor da festividade do 17 de maio e sendo o 20 de maio día non lectivo escollido polo centro os prazos para prematrícula, pagamento de taxas e recollida de documentación son moi curtos.

Procedementos e horarios:

15 de maio

Enviar correo a ies.depoio@edu.xunta.gal cos seguintes datos: número de móbil do estudante e correo electrónico do estudante

As notas publicaranse por Abalar Móbil ás 20:00h.

16 de maio

  • A primeira hora da mañá as persoas que se vaian presentar á ABAU pasan por secretaría  para recoller o documento de pago de taxas do título de bacharelato (este documento se lle entrega no centro) e o de pagamento das taxas da ABAU (este documento poden traelo xa cuberto, pode descargarse dende esta mesma publicación)
  • De 11:00 a 14:00 entregarase en secretaría a seguinte documentación:
    • Xustificante de pago do título e das taxas da Abau
    • Documento de prematrícula cuberto e asinado (pode descargarse dende esta publicación)
    • Fotocopia DNI estudante
    • No seu caso:

-título de familia numerosa

-certificado de persoal universitario

-certificado de discapacidade >33%

-resolución administrativa acto de terrorismo ou violencia de xénero

-resolución do INSS como persoa beneficiaria da prestación do ingreso mínimo vital

  • A partir das 18:00 pasar de novo pola secretaría do centro para recoller e comprobar a documentación de matrícula.

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CURSO 2023-2024

 

 

A Consellería convocou os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24 (código de procedemento ED311A).

 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, comezará o día 29 de abril de 2024 e rematará o día 28 de maio de 2024.

Máis información picando aquí

AXUDAS LINGUAS ESTRANXEIRAS

 

Publicada a corrección de erros na listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente, segundo a Orde do 29 de xaneiro de 2024, pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 12/02/24).
As listaxes pódense consultar na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/.

II CUMIO DO CLIMA NO IES DE POIO

 

Xa temos listo o programa de actividades do  II Cumio do clima do IES de Poio que se celebrará no noso centro entre o 18 e o 22 de marzo.

Resultado de meses de traballo e esforzo por parte do alumnado e o profesorado participante, é un momento moi especial para o centro no que nos reafirmamos na vontade de buscar unha aprendizaxe significativa e transformadora para o alumnado.

Este ano, o alumnado de 2º ESO fará presentacións sobre as causas e consecuencias do cambio climático, mentres que o de 3ºESO A, B e PDC e 4ºESO A levará a cabo unha feira divulgativa sobre alimentación sostible. Ademais, alumnas de 2º de bacharelato serán as encargadas de dinamizar os obradoiros de elaboración de xabóns e reciclaxe de roupa.

Igual que o ano pasado contaremos coa colaboración do @ceidagalicia que fará un obradoiro sobre a pegada ecoloxica, Sotavento que formará ao noso alumnado sobre as enerxías renovables e o aforro enerxético e,@adega_ecoloxismo que levará a cabo un taller sobre os tóxicos no fogar e as alternativas ecolóxicas que podemos empregar.

A inauguración estará a cargo de @amasamebakery que despois de falar do seu modelo de negocio sostible, fará obradoiros de cata de pan co alumnado, e a clausura a levará a cabo o responsable de I+D e sostibilidade de @SETGA.

Todas estas actividades, e algunhas máis, as tedes detalladas no programa picando na seguinte imaxe:

 

ACREDITACIÓN DIXITAL PARA O ALUMNADO

 

A Consellería publicou instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado matriculado en 4º ESO e 2º BACH.

A acreditación ten dous niveis: Inicial e Intermedio. O nivel intermedio consta de 5 áreas. 

A acreditación terá unha validez de 5 anos.

O alumnado que supere 4º ESO no curso 23-24 recibirá de xeito automático o certificado inicial a final de curso.

O alumnado que supere 2º BACH no curso 23-24 recibirá de xeito automático o certificado das áreas 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio cando remate o curso.

Nos centros ofrecerase a posibilidade de presentarse a unha proba e así poder acadar certificación do seguinte xeito:

- Alumnado matriculado en 4º ESO: pode presentarse a unha proba de certificación do nivel intermedio completo. Se aproba obterá o certificado ComDix intermedio completo (áreas 1, 2, 3, 4 e 5)

- Alumnado matriuclado en 2º BACH: ten dúas opcións

  1. Preséntase a unha proba de certificación da área 4 do nivel intermedio. Se supera proba  e o 2º BACH recibirá ao final de curso o certificado ComDix de nivel Intermedio enteiro.
  2. Preséntase  a unha proba de certificación completa (áreas 1, 2, 3, 4 e 5) do nivel intermedio. Se supera a proba recibirá o certificado ComDix de nivel Intermedio completo.

Para poder realizar estas probas no centro debe solicitalas co modelo que se lles facilitará na secretaría do centro. Deberá entregarse cuberto antes do día 13 de marzo na secretaría do centro. 

Máis información aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut