blogue deadmin

Charla con antigos alumnos (II)

Galería

Seguindo coas sesións informativas protagonizadas por antigos alumnos, esta mañá "regresaron" ao instituto Fernando Nicolás Puentes e José Ramón Fuentes. Nas súas intervencións transmitiron de primeira man ao alumnado de bacharelato as súas vivencias e información académica das súas respectivas titulacións, enxeñaría e traballo social. 
Agradecemos a súa estupenda disposición a compartir connosco o seu tempo e contaxiarnos a paixón polas súas carreiras e a formación, en xeral. 

Concursos do Concello de Mugardos

 

XI CONCURSO DE RELATO CURTO EN GALEGO
application/pdf iconBases XI Certame de relato curto en galego Concello de Mugardos.pdf

XVI CONCURSO DE CARTEISLEMAXXIII FESTA DO POLBO
application/pdf iconBases Concurso de carteis Festa do Polbo.pdf

 

Campus científicos de verán, 2013

Trátase dunha oferta de 1.808 prazas para estudandes de 4º ESO E 1º BAC que poderán participar en proxectos científicos nun dos 16 Campus de Excelencia, entre os días 30 de xuño e 27 de xullo de 2013. Ata finais deste mes está aberto o prazo de inscrición. Consulta os requisitos académicos e probas en http://www.campuscientificos.es/

Charla do reitor da USC

 

O reitor da Universidade de Santiago, Juan José Casares Long, impartiu unha charla ao alumnado de bacharaleto de 4.º ESO. A actividade encádrase dentro do programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC". O reitor fixo un percorrido pola oferta e servizos universitarios e recalcou especialmente o valía do persoal docente e investigador. A visita completouse cunha conversa informal co alcalde co alcalde de Mugardos.

 

Visita de Yelda, Paola e Juan

Esta mañá recibimos a visita de Yelda, Paola e Juan para falar da súa experiencia ao carón do vertedoiro de lixo máis grande de América Central. Trátase dunha actividade desenvolta pola ONG Solidariedade Internacional na que participou este curso o alumnado de 3.º e 4.º ESO. 

Máis información

 

 

 

 

O cerebro, 15 W de potencia

O alumnado de 3.º e  4.º ESO asistiu onte ao espectáculo de ciencia "O cerebro. 15 W de potencia”.

Foto e nova no Diario de Ferrol

Fotos na Galería

XV Campionato de Polinomios

Parlamento Xove, 2013

Dous equipos de bacharelato representaron ao instituto no Parlamento Xove deste ano. Os primeiros debates tiveron lugar este sábado na Deputación da Coruña.  Desde a preparación ata as vivencias dos debates, entre argumentacións e refutacións, resultou unha experiencia moi positiva. A actuación dos nosos representantes foi moi digna e cumpriu todos os obxectivos pedagóxicos que tiñamos sinalados. Parabéns a todos!!!

Equipo de 1.º BAC. no momento do sorteo previo ao debate.

Equipo de 2º. BAC. agardando o resultado do xurado.

Visita ao Campus de Esteiro e CIFP Ferrolterra

Catalogación do xardín

Herbario realizado polo alumnado de 1.º PCPI:
Alberto, Lara, Bryan, Paula, Yolanda, Antonio, Elizabeth e Tamara.
Profesora: Cristina Montero 

Entrada do portaavións "Príncipe de Asturias" na ría de Ferrol

Derradeira singradura do portaavións Principe de Asturias.
Gravación e fotos desde o patio e ventás do instituto.
8 de febreiro de 2013 

Blog da titoría de 2.º ESO B

A titoría de 2.º ESO-B conta cun blog para rexistrar a actividade académica como o calendario de exames, entrega de traballos, etcétera.

O enderezo é  
http://2esobmugardos2013.blogspot.com.es/

Ata o momento, exercen de administradoras as alumnas Cristina e Marica

Charla con antigas alumnas (I)

 As antigas e brillantes alumnas do centro Silvia García e Fátima García informaron, esta mañá, ao alumnado actual de 2.º Bacharelato, sobre o plan de estudos e saídas laborais dos graos de Química e Biblioteconomía, respectivamente. Cremos que foi un momento emotivo para elas e, asemade, útil para transmitir de primeira man a información e vivencias académicas.

Trátase dunha experiencia que terá continuidade con outros antigos alumnos dentro do plan de orientación e os actos internos do 25 aniversario. Grazas por compartir connosco o seu tempo e contaxiarnos a paixón polas súas carreiras e a formación, en xeral. 


Charla para pais e nais sobre doazón e transplante de órganos

O presidente da Asociación para a Loita contra as Enfermidades de Ril (ALCER), Rafael Rodríguez, impartiu a tarde do martes unha amena conferencia sobre a doazón e transplante de órganos dirixida a pais e nais. 

VI Certame de Poesía "Concello de Mugardos"

O Concello de Mugardos, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca a sexta edición do Certame de Poesía “Concello de Mugardos”, co gallo do Día da Poesía, o 21 de marzo.
Estabelécense dúas categorías nas que o xurado designará un/unha gañador/a por categoría:
  • ata 12 anos
  • de 13 a 17 anos
  • iguais ou maiores de 18 anos.
Os/as concursantes poderán presentar un máximo de tres poesías, que se axustarán ás seguintes normas:
  • Tema: Libre.
  • Lingua: Galego
  • Forma e extensión: DIN A4 por unha cara (extensión máxima por poesía), mecanografados a dobre espazo, corpo de letra 14 e encabezados polo título.
  • As poesías terán que ser orixinais, inéditas e non premiadas en calquera outro tipo de concurso.
  • Achegaranse dúas copias sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo/a autor/a e o nome do certame. Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado, co pseudónimo no exterior, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla co nome, apelidos, idade, enderezo completo e teléfono do/a autor/a.
  • prazo de entrega das poesías será todo o mes de febreiro.
O premio consistirá nun bono para mercar libros:
  • por valor de 100 €, para a categoría de iguais ou maiores de 18 anos.
  • por valor de 60 €, para a categoría de 13 a 17 anos, ambos inclusive.
  • por valor de 40 €, para a categoría de ata 12 anos, inclusive.
Máis información no BOP da Coruña do 7 de xaneiro de 2013 e na OMIX de Mugardos, teléfono 981 470 338

Visita ao MUPEGA

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) recolle na súa páxina a visita do alumnado de 1.º ESO esta semana e lémbranos un dos tesouros da colección: a máquina de cine doada pola Unión Mugardesa.

Nestoutra foto, todo 1.º ESO nunha aula do século pasado.

Programa de Mellora para o Éxito Escolar

Velaquí os dezanove alumnos/as que este curso estrearon a "sudadeira" do Programa de Mellora para o Éxito Escolar. Seguirán luns a luns un intenso e atractivo calendario de actividades no que están implicados unha ducia de profesores do centro. Entre os seus obxectivos: "Acrecentar e consolidar o afán de curiosidade e o coñecemento e posta en práctica de distintos métodos, técnicas e procedementos de traballo intelectuais".

Lecturas da Pandoira (2.ª xeira)

O blog da biblioteca e dos clubs de lectura comeza unha segunda etapa da man dos alumnos Pablo J. Rañales e Alberto Pérez (2.º ESO). Cun deseño máis dinámico e áxil, pretende convertese no voceiro dos Clubs de Lectura e de todos os membros da comunidade educativa que queiran achegar a súa colaboración. Entre todos iremos aumentando paseniñamente as reseñas dos libros recomendados, críticas, creacións, novas culturais, entrevistas...

Lecturas da Pandoira

No alto da Pandoira está ben documentada a existencia dun antigo castro. Desde este outeiro, os nosos devanceiros dominaban a ría e a terra. Nos alicerces do IES de Mugardos achábase o lugar cerimonial. Arredor do lume, en noites de forte vento nordés, contábanse as historias sagradas e cotiás. Máis de dous mil anos despois, seguímonos a reunir entre os libros desta biblioteca escolar.

Charla orientativa sobre criminalística

O tenente e xefe do laboratorio de criminalística de Galicia Jesús Ponte impartiu esta mañá unha charla ao alumnado de bacharelato dentro do programa de orientación académica e profesional.


Demostración de esgrima

O pasado 21 de decembro, o alumnado de 1.º e 2.º ESO asistiu a unha demostración práctica do deporte de esgrima impartida polo adestrador Emilio R. do club de Ferrol.

make a gif picture

Acollendo en galego

Montaxe realizada pola Secretaria Xeral de Política Lingüística.
Polo minuto 6' aparecen alumnos do noso instituto.

Abrapalabra n.º 4 (Biblioboletín)

Recollida de tapóns solidarios

Desde AS.PA.NE.MI escríbennos para agradecer a colaboración da comunidade educativa coa CAMPAÑA DE TAPÓNS SOLIDARIA, para ALBA. Infórmanos, asemade, que están preto das 3 toneladas de tapóns e  pronto esperan que veña un novo camión a recollelos.  Nós seguiremos co exemplo de Sindo que desde a cafetería nos anima a seguir enchendo o caixón tapón a tapón.

Máis información:

http://aspanemi.blogspot.com/

Final do Torneo de Fútbol Sala (12-XII-2012)

http://picasion.com/split-animated-gif/

Fotos na Galería

Esta semana comeza o Campionato de Brilé.

Charla sobre doazón e transpante de órganos

O alumnado de 1.º BAC comezou a semana cun obradoiro sobre a doazón e transplante de órganos a cargo de Loli Díaz, da Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril (ALCER). Ao longo das dúas primeiras sesións da mañá foi analizando de xeito ameno e didáctico esta acción de solidariedade necesaria. 

maker gif

Consello Escolar

CONSELLO ESCOLAR 12-13

Así queda o novo Consello Escolar após o proceso electoral. 
Os novos membros, en vermello

  Infografía: César Pena

Fotos da xornada de votación

create a gif here

 

Festa do Outono (23 de novembro)

Venda de produtos pro viaxe fin de curso (4.º ESO)

A recadación aproximouse aos 200 euros!!!

Grazas á ANPA
polo reparto do
surtido de froitos
secos.

Xincana e brilé
xigante no
pavillón

Imaxes na Galería

Día da Palabra (23 de novembro)

O alumnado de 1.º ESO uniuse o 23 de novembro á celebración do Día Internacional da Palabra. Trátase dunha iniciativa da Fundación César Egido para concienciar a toda a sociedade da necesidade do diálogo como ferramenta fundamental para a erradicación de toda violencia.

A nosa actividade, deseñada pola Biblioteca, centrouse na cita clásica Verba volant, scripta manent.

Verba volant,
As palabras lévaas o aire,

scripta manent
a escrita permanece

Visita oficial

Esta semana comezou coa visita oficial do Xefe Territorial da Consellería de Educación na Coruña, don Indalecio Cabana, e mais o Xefe do Servizo da Unidade Técnica, don Adolfo Villaverde. Acompañados do alcade de Mugardos, don Xosé F. Barcia, percorreron a primeira hora do luns o insitituto e foron informados pola directora das necesidades de mantemento das instalacións. Neste sentido tomáronse uns pequenos compromisos de mellora para realizar nos próximos meses e que agradecemos como unha celebración máis do 25.ª aniversario.

Entrega de premios do "Concurso de Cabazas"

O "Concurso de cabazas", convocado pola Biblioteca e o EDL, entregou o pasado venres os agasallos correspondentes ao primeiro premio. Velaquí están:

Fotos na Galería

   

Distribuir contido