Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

ANPA

Banco de Libros (ANPA)

Premio da rifa pro-excursión a Portugal

Segundo o sorteo do cupón da ONCE do día 1 de abril,  o número premiado foi o

9185

Renovación do equipamento informático

A ANPA "O Castro" vén de realizar unha doazón ao centro para a actualización do equipamento do centro consistente na adquisición de oito monitores para a Aula de Informática e dous ordenadores: un para a Aula 5 e outro na Sala de Profesores.

Este investimento únese á dotación da Consellería de cinco kits dixitais (portátil, canón e pizarra dixital) instalados durante as vacacións de Nadal.

Ademais, tamén se actualizou recentemente o cableado da liña telefónica que nas próximas semanas se concretará no cambio do número de teléfono do centro.

Memoria económica da ANPA (2014-2015)

 

Memoria económica ANPA. Curso 2014-2015


GASTOS:

 -Autobús excursións 840,00

-Viaxe a Granada alumnos Estatística  250,00

-Trofeos III premio de Estudo e Deporte 262,03

-Castañas para o Magosto 62,25

-Libros de lectura para a biblioteca 143,03

-Trofeo campionato de polinomios 115,92

-Rifas excursión 4º ESO 180,00

 

TOTAL GASTOS  1.853,23

 

INGRESOS:

-Subvención do concello  953,59

-Cuota socios 1.650,00

TOTAL INGRESOS  2.603,59

 

 

Saldo a día 1 de setembro de 2014:      1.790,83

Saldo a día 1 de setembro de 2015:      3.110,62

 

 

Aproveitamos para recordarvos que estamos a vosa disposición todos os primeiros martes de mes ás 18:00 horas no instituto.

Que teñades un bo Nadal e un feliz 2016.

 

A xunta directiva

 

Celebración do magosto

Actualización:

Diplomas aos equipos da xincana deportiva.


Como en anos anteriores, a celebración do magosto incluíu o reparto de castañas ofrecidas pola ANPA e a organización da xincana lúdica. Ademais, o alumnado de 4.º ESO repetiu a venda de produtos para recadar fondos para a excursión de fin de curso.

 http://picasion.com/

 

Asemblea da ANPA

Memoria do Banco de Libros (ANPA)

    

Segundo os datos recollidos da memoria, este foi o resultado do Banco de Libros da ANPA:

 

 

Libros prestados: 432

Alumnos que reciben libros: 104

Aforro estimado ás familias: 15.000

 

Froito desta acción, combinada co fondo e as axudas oficiais, a totalidade do alumnado da ESO conta coa maioría dos libros de de texto.

A dirección do centro quere agradecer o labor de todas as persoas que desde a ANPA O Castro fixeron posible esta lección de solidariedade e altruísmo.

Grazas.

Rifas pro-excursión fin de curso (4.º ESO)

Segundo o sorteo do cupón da ONCE do 19 de marzo, o número premiado foi o

8647

Cesta pro excursión fin de curso (4.º ESO)

   

As catro últimas cifras do número premiado no sorteo do cupón da ONCE do 17 de decembro de 2014 foron o 5697.

O agradaciado coa cesta da Nadal sorteada para recadar fondos para a viaxe de fin de curso dos alumnos de 4.º ESO  resultou ser a familia de Rubén González Rodriguez.

A entrega realizouse o pasado venres. Parabéns!!!

 

 

Final do Campionato de Polinomios

Logo de varias semanas de partidas durante case todos os recreos, o venres pasado celebrouse a esperada final do Campionato de Polinomios. O equipo TRAPECIO, formado por Martín Pérez (2.º Bac. e Martín Martán (1.º ESO), demostrou ser o mellor equipo dos 50 equipos participantes. O segundo clasificado foi o equipo Ǝ (existe) composto por Miguel Á Fernández (2.º Bac.) e Julián Fernández (1.º ESO). Tamén quedou en lugar destacado os equipo ÁLXEBRA de Almudena Vila (1.º Bac.) e Ariadna Regueiro (1.º ESO); PRISMA Bran Rodríguez (2.º Bac) e Jorge Morado (1.º ESO); BOLZANO de Verónica Gonzáles (2.º Bac.) e Uxía Fernández (1.º ESO); e ALFA de Carmen Samartín (2.º Bac.) e Icía Díaz (1.º ESO).

A directiva da ANPA entregou os trofeos e diplomas.

   
   

  Ademais da gran participación con máis de cen alumnos implicados, o gran traballo de organización do departamento de Matemáticas, e a colaboración económica da ANPA, o mellor do campionato foi a convivencia entre o alumnado de distintos cursos e niveis. Parabéns a todos.

Celebración do magosto

O venres, 14 de novembro, celebramos o magosto co tradicional reparto de cucuruchos de castañas asadas por xentileza da ANPA O Castro, a quenun ano máis agradecemos a súa colaboración.

E a continuación, a xincana organizada polo alumnado de 1.º BAC para os de 1.º e 2.º ESO.

   

Obradoiro de habilidades sociais para pais e nais

 

Banco de libros de texto

Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA "O Castro"

Vid. Documento adxunto.

Fin de curso 2012-2013. Actos do 25.º aniversario

A conmemoración do 25.º aniversario do instituto culminou este venres, 21 de xuño, coa organización dun intenso Acto Cultural e a celebración ao día seguinte, dun xantar de convivencia. 

Imaxes na Galería

ACTO CULTURAL

A primeira parte estivo protagonizada pola interpretación musical e a proxección de diferentes traballos audiovisuais realizados polo alumnado. Comezamos cun repaso ás actividades do Equipo de Dinamización Lingüística. Puidemos desfrutar das voces de Iria (4.º ESO), Javier (3.º ESO) e o coro de alumnas de francés (4.º ESO); a lectura dun relato de Pablo Rañales (2.º ESO) e o o pase dos catro vídeos producidos por 1.º Bacharelato na materia de música para o Proxecto Salvavidas sobre doazón de órganos. Tamén asistios á estrea da curtametraxe gravada por 1.º ESO para a Rede Galega de Centros Solidarios. 

2.º PREMIO "ESTUDO E DEPORTE"

Á entrega dos premios e mencións honoríficas asistiu o Xefe territorial de Deportes, Roberto García, e varios representantes dos clubs e asociacións deportivas da comarca. Deste xeito, o Premio Estudo e Deporte entra nunha fase de consolidación para os vindeiros anos.

ACTO INSTITUCIONAL

Coa intervención de todos os representantes da comunidade educativa e autoridades municipais de Ares e Mugardos pechamos o acto cultural. Pasaron polo estrado: Luis Manuel Brage, presidente da ANPA "O Castro"; Javier Maceiras, representate do alumnado no Consello Escolar e Iria Rodríguez, ex alumna e actual encargada da Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa; Juan Carneiro, profesor de Xeografía e Historia; M.ª Josefa Martínez, administrativa do centro; Covadonga Rodríguez-Moldes, directora do IES Mugardos; Julio Iglesias, alcalde de Ares; Manuel Fariña, ex-alcalde de Mugardos; Xosé F. Barcia, alcalde de Mugardos; Indalecio Cabana, Inspector Xefe en representación da Consellería de Educación.

XANTAR 25 ANIVERSARIO

O sábado, 22 de xuño, celebrouse o xantar de convivencia organizado pola ANPA e a dirección do centro e ao que asisiron máis dun centenar de persoas.

Imaxes na Galería

Charla para pais e nais sobre doazón e transplante de órganos

O presidente da Asociación para a Loita contra as Enfermidades de Ril (ALCER), Rafael Rodríguez, impartiu a tarde do martes unha amena conferencia sobre a doazón e transplante de órganos dirixida a pais e nais. 

Entrega da cesta de Nadal

 M.ª Teresa Casanova Fernández foi a gañadora da rifa patrocinada pola ANPA "O Castro" pro viaxe  fin de curso de 4.º ESO. No seu nome recolleuse esta tarde a cesta de Nadal.

Número agraciado: 3886 (sorteo da ONCE do 19 de decembro de 2012)

Entrega da cesta de entroido (Rifa pro-excursión fin de curso)


Ana Linares
(1ª pola esquerda), gañadora da cesta de entroido.

Rifa patrocinada pola ANPA "O Castro" pro-excursión fin de curso 4º ESO.

Número agraciado: 849
                                    Consulta do sorteo da ONCE do 25 de febreiro

Distribuir contido