Libros de texto

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2017/18

Achégase a ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Tamén se xunta un resumo das bases e as datas de publicación das listaxes polo IES e a solicitude.

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS FONDO SOLIDARIO (1º E 3º ESO)

Xúntase a listaxe provisional de admitidos no programa Fondo Libros para o curso 2016/17, (cursos 1º e 3º de ESO).

FONDO E AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2016/17

Achégase información sobre a convocatoria do fondo solidario e as axudas de libros de texto e material escolar para o curso 2016/17.

Como novidade, na presente convocatoria so é necesario presentar unha solicitude para todos/as os/as fillos/as matriculados nun mesmo centro educativo e para calquera axuda que se solicite.

Pódese obter máis información na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988

Fondo Solidario textos curso 2015/16.

Achégase información breve e a Orde do 21 de maio pola que se regula o fondo solidario de libros de texto para o curso 2015/16.

As axudas van destinadas ao alumnado matriculado en 2º e 4º de ESO no curso 15/16

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de xuño de 2015

Pódese obter máis información na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.es/web/fondolibros

 

Distribuir contido