Complementarias

Día da ciencia en galego

O IES de Curtis súmase á iniciativa promovida por numerosas asociacións e entidades (ENCIGA, AGAPEMA, APETEGA, Coordinadora galega de equipos de normalización lingüística, SGAPEIO, IGACIENCIA, Universidade da Coruña, Santiago e Vigo, ILG, NEG, AS-PG, CIG- Ensino, STEG e un longo etc.) que propoñen instituír o día 4 de novembro como Día da Ciencia en Galego.

 

Nós, coma eles, consideramos que o galego é apto para a divulgación do coñecemento científico e tecnolóxico e que Galicia precisa da ciencia galega e en galego para non perder todos os trens da modernidade, das novas culturas, dos novos empregos e das novas ideas.

Facemos a nosa achega dende o centro coa organización do seguinte programa de actividades:

  • Exposición Científicas galegas

  • Exposición Ilusións ópticas

  • Exposición Experimentos tecnolóxicos. Lugar: patio cuberto

  • Bingo matemático- 10:25- 10:45h e 12:25- 12:45h

  • Experimentos científicos.
    Lugar:
    patio cuberto


HORA

GRUPO

10:45-11:35

2º de ESO A

11:35-12:45

1º de ESO A

12:45-13:35

2º de ESO B

13:35-14:25

1º de ESO B

  • Videoconferencia Do CERN a Compostela coa Física de Partículas. Alumnado 1.º Bacharelato.

http://www.usc.es/xuntanza/xorgal

  • Botadura dun papaventos

  • Curruncho da ciencia na biblioteca Sarmiento

http://www.engalegotamensefaiciencia.eu/

Quérote +

05/11/2010 10:45
05/11/2010 14:25
Etc/GMT+1

Obradoiros para centros de ensino secundario

  • Sexualidade
  • Drogas
  • Novas tecnoloxías
  • Imaxe corporal

Departamento: Orientación

Horario e grupos:

  • 10:45-11:35. 1º e 2º de ESO
  • 11:35-12:45. 3º e 4º de ESO
  • 12:45-13:35. Bacharelato
  • 13:35-14:25. Ciclos

Tempo de outono

22/10/2010 00:45
29/10/2010 14:25
Etc/GMT+1

O equipo de normalización lingüística está a desenvolver nesta segunda quincena de outubro unha serie de actividades  relacionadas co outono coa seguinte programación

Programa

  • Día 22, venres. Hora: 12:45-14:25. Alumnado: 1º e 2º de ESO
  1. Charla no salón de actos do IES de Curtis: Coñecemos os cogumelos do noso contorno?
  2. Proxección de diapositivas.
  3. Manexo dunha guía de cogumelos.
  • Concurso de fotografías  relacionadas co outono e os cogumelos.
  • Concurso de composicións de outono (cestas de cogumelos , cogumelos con froitos do outono etc).
  • Concurso de recolectores de cogumelos.
  • Concurso de pareados (con eles realizarase un xogo como o da oca)

(Entregaranse o luns  nunha mesa que haberá a tal efecto diante de secretaría . Todas as entregas terán que facerse debidamente identificadas co nome de quen entrega entre o día 25, luns, e o día 26, martes)

  • Día 25, luns. Alumnado 3º e 4º de ESO.
  1. Conferencia a cargo dunha experta da Consellería de Medio Rural. Hora: 08:45-10:25
  2. Saída de campo.
  3. Exposición do recollido na saída de campo.
  • Día 29, venres. Todo o alumnado.
  1. Magosto no patio cuberto
  2. Entrega de premios dos concursos

NOTA:

  • Ó igual que o ano pasado solicítase a colaboración de todo o alumnado e profesorado para a celebración destas actividades.
  • Para a celebración do magosto todo o alumnado deberá traer, polo menos, unha ducia de castañas adentadas que se encargará de preparar e repartir gratuítamente o alumnado de 2º de Bacharelato co fin de obter fondos para a excursión de fin de curso.

Festival de fin de curso 2009-2010

25/06/2010 12:45
25/06/2010 18:00
Etc/GMT+1

FESTIVAL MUSICAL (12:45-14:25)

2º ESO A 

  • Romanza Diabelli . Piano a catro mans. Claudia e Nuria
  • What you're made of. Claudia
  • Run run, (antitabaco). Canción.  

2º ESO B 

  • Titanic. Instrumental

3º ESO A

  • Percusión. Canción

3º ESO B

  • Física ou química. Canción 

4º ESO

  • Carros de fuego
  • Blowin in the wind
  • Oliver y Benji 

CINEFORUM (16:20-18:00)

ACTIVIDADE: Educación ambiental

26/05/2010 00:45
28/05/2010 19:00
Etc/GMT+1




ACTIVIDADE: Educación ambiental

DEPARTAMENTOS: Xeografía e historia

NIVEIS: 4º de diversificación

DATA: 26-28/05/10

SAÍDA: 08:45

CHEGADA: 19:00

LUGAR: Vilarmaior

COSTE: 5€ (transporte) + 79 € (aloxamento). Pagarase o 50% a confirmación

OBXECTIVOS: Promover unha toma de conciencia crítica e sensible respecto do medio ambiente

MATERIAL NECESARIO: Roupa e calzado axeitado

CORRELINGUA 2010

13/05/2010 00:35
13/05/2010 14:25
Etc/GMT+1

ACTIVIVIDADE:

Correlingua 2010

DATA:

13/05/2010

GRUPOS:

1º, 2º e 3º de ESO

PROFESORADO:

Paula Ugarte

Sonia Torreiro

Reme Martínez

Carlos Fernández

Begoña Centoira

Exposición do INEGA: Un mundo de enerxía

A EXPOSICIÓN “UN MUNDO DE ENERXÍA” DE ECONOMÍA E INDUSTRIA VISITARÁ AS LOCALIDADES DE CURTIS, ORDES E GUITIRIZ AO LONGO DOS MESES DE ABRIL E MAIO

A mostra, ideada polo Instituto Enerxético de Galicia como un espazo didáctico e interactivo sobre a enerxía, trata de concienciar á cidadanía sobre un consumo responsable e eficiente.

HORARIO DE VISITAS

                   
  Do 20 o 23 de abril  
    Hora/Día Luns Martes Mércores Xoves Venres    
    8:45-9:35




   
    9:35-10:25



B2B    
   





   
    10:45-11:35
PCPIAD
E4B E2C    
    11:35-12:25
PCPIAU E3B
E2A    
   





   
    12:45-13:35
E3A B1A E1A
   
    Exposición do INEGA: Un Mundo de Enerxía    
                   
                   










                   
  Do 26 o 30 de abril  
    Hora/Día Luns Martes Mércores Xoves Venres    
    8:45-9:35




   
    9:35-10:25 B1B CMELVE1 B2A
E2B    
   





   
    10:45-11:35 E4A

E1B
   
    11:35-12:25
PT5 CMIEE1 XEAD PC4    
   





   
    12:45-13:35 PC5 PT6 CMSMR1
E4C    
    Exposición do INEGA: Un Mundo de Enerxía    
                   
                   

Obradoiro de igualdade

16/03/2010 16:20
16/03/2010 18:00
Etc/GMT+1



Promove: Concello de Curtis


DEPARTAMENTO: Orientación.

DATA: 16/03/10

GRUPOS: 1º BACHARELATO - A

HORA: 16:20-17:10

LUGAR: IES de Curtis.

COSTE:


DEPARTAMENTO: Orientación.

DATA: 16/03/10

GRUPOS: 1º BACHARELATO B

HORA: 17:10-18:00

LUGAR: IES de Curtis.

COSTE:

Obradoiro de igualdade

09/03/2010 16:20
09/03/2010 18:00
Etc/GMT+1



Promove: Concello de Curtis


DEPARTAMENTO: Orientación.

DATA: 9/03/10

GRUPOS: 4º ESO A

HORA: 16:20-17:10

LUGAR: IES de Curtis.

COSTE:


DEPARTAMENTO: Orientación.

DATA: 9/03/10

GRUPOS: 4º ESO B e C

HORA: 17:10-18:00

LUGAR: IES de Curtis.

COSTE:

Distribuir contido