Complementarias

Concurso San Valentín

Para poder participar no concurso de San Valentín do IES de Curtis compre facer dúas cousas:

  1. Darse de alta na Aula virtual, o que che dará acceso os curso ofrecidos polo IES de Curtis
  2. Inscribirse no curso Que me queres amor, o que che permitirá participar no concurso ou ben creando unha tarefa en liña ou ben subir algunha que fixeras nun procesador de textos.

Os traballos que se suban como ficheiros adxuntos serán elaborados preferentemente con OpenOffice, o cal nos permitirá exportar o ficheiro como PDF, que debería ser o formato usado para subir os ficheiros a Aula virtual

Ti creas a historia

22/03/2011 10:45
22/03/2011 11:35
Etc/GMT+1

Aviso importante: esta actividade coincide co periódo de avaliacións.

Departamentos

  • Lingua e literatura galega

Grupos:

  • 10:45 - 11:35: 1º de ESO

Quérote +

15/02/2011 08:45
15/02/2011 14:25
Etc/GMT+1

Departamentos

  • Orientación

Grupos:

  • 08:45 - 10:25: 1º de ESO A. Convivimos.
  • 10:25 - 12:25: 1º de ESO B. Convivimos.
  • 12:45 - 14:25: 4º de ESO. Prevención de drogodependencias.


Conmemoración do día da Paz

Con motivo da conmemoración do Día da Paz, a vindeira semana estará colocada no comedor da biblioteca unha exposición sobre os Premios Nobel da Paz (orixes, información diversa sobre os diferentes galardonados, etc). Tal exposición vai acompañada dun cuestionario que se pode traballar co alumnado. Hai tamén unha versión power point desta exposición no blog da biblioteca para quen prefira traballala deste xeito.

O Equipo da Biblioteca do IES de Curtis

Concurso San Valentín

O Equipo de Dinamización Lingüística do IES de Curtis, con motivo de San Valentín, convoca un certame de mensaxes de amor na rede

PARA PODER PARTICIPAR COMPRE CREAR UNHA NOVA CONTA NA AULA VIRTUAL DO IES DE CURTIS E LOGO INSCRIBIRSE NO CURSO QUE ME QUERES AMOR?

ENLACE

Plan director da Garda Civil

10/01/2011 08:45
10/01/2011 14:25
Etc/GMT+1

Departamentos

  • Orientación

Grupos:

  • 08:45 - 10:25: 1º e 2º de ESO. Perigos de Internet
  • 10:25 - 12:25: 3º e 4º de ESO. Acoso escolar
  • 12:45 - 14:25: 1º de Bacharelato e Ciclos. Drogas y alcol

Encontro con Rosa Aneiros

20/12/2010 16:20
20/12/2010 18:00
Etc/GMT+1

Profesorado

  1. Olga Iglesias
  2. Carlos Blanco
  3. Rita García

Alumnado

  • 4º de ESO

Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación impresos e dixitais, entre eles culturagalega.org (sección “Agardando as lagarteiras”), Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe, Diario de Ferrol (a través da axencia AGN), El País, Grial, Fadamorgana ou Casa da Gramática, ademais do programa “Un día por diante” da Radio Galega. En 1999 presentou a súa primeira novela, Eu de maior quero ser á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre (2002), Resistencia (Xerais, 2003, oito edicións dende a súa publicación), O xardín da media lúa (Galaxia, 2004), Veu visitarme o mar (Xerais, 2004), Ás de bolboreta (Xerais 2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2010 e Sol de Inverno (Xerais, 2009), Premio Xerais de Novela 2009. Ten publicados relatos nos volumes colectivos Narradoras (Xerais, 2000); Relatos (1999), Relatos gañadores do Pedrón de Ouro 1998-1999-2000 (2001) ), Seis ferroláns (2003), Alma de beiramar perdida (2003), Botella ao mar (2003) ou Narradio (Xerais, 2003). Conta, ademais, no seu haber con recoñecementos como o Modesto Rodríguez Figueiredo (Pedrón de Ouro, 1998); o Manuel Lueiro Rey (1996); o Manuel Murguía (2001), o Carvalho Calero (2001), o Premio Arcebispo Juan de San Clemente (2003), o Premio Careón 2006 ou o Premio da Crítica Losada Diéguez (2005), ademais do Premio Caixanova Francisco Fernández del Riego en 2007 polo artigo xornalístico “A última vaca”. Os seus artigos literarios restán recollidos nos volumes Agar

Importante: Proxecto Mandeo

13/12/2010 08:45
13/12/2010 14:25
Etc/GMT+1
  1. Revisade as horas e espazos asinados a cada grupo na planificación da actividade que aparece máis abaixo
  2. Recordade que as actividades terán unha duración dunha hora polo que afectan a unha clase enteira e 10-15 minutos da seguinte
  3. Compre puntualidade e coordinación para que se poidan celebrar as actividades nos tempos previstos.
  4. O Salón de actos queda reservado para ese día nas horas asinadas.
  5. Os grupos afectados non poderán ter exames nas horas asinadas.

PROXECTO MANDEO (ACLARACIÓN)

Ante as preguntas dalgun profesorado quisera aclarar que as actividades que hai programadas dentro do Proxecto Río Mandeo afectan só a cada grupo nas horas sinaladas. Por tanto, non poderán ter exames nas horas que están nos talleres ou audivisuais, pero si nas restantes. Fixarvos que as activides teñen unha duración de 60 minituos, polo que afectan a 10-15 minutos da clase seguinte.

Proxecto Mandeo

13/12/2010 08:45
13/12/2010 14:25
Etc/GMT+1

IMPORTANTE

Esta actividade foi aprobada polo Consello Escolar e conta co visto bo da Comisión de Coordinación Pedagóxica dao o seu interese. Polo tanto debe observarse o seu estrito cumprimento e os grupos implicados non poderán ter exames nas horas que sinaladas

As actividades terán unha duración de 1 hora polo que implican a dous profesores, os primeiros 50 minutos coa profesora ou profesor que imparte docencia a esa hora, e os 15 restantes coa profesora ou profesor da seguinte hora. Rogamos o profesorado e o alumnado a súa colaboración para o desenvolvemento ordenado da actividade.

HORA
GRUPO
PROFESORADO
 ACTIVIDADE LUGAR
 08:45 - 09:45  4º ESO

Juan de la Colina

Yolanda Fernández

Olga (15 m.)

Silvia Gómez (15 m.)

Taller - Maqueta

 Pasillo

 Planta baixa

 08:45 - 09:30  1º ESO

Olga

Balbina

 Audiovisual  Aula CC. Sociais
 08:45 - 09:30  2º ESO

Manuel Cancelos

Reme Rodríguez

  Audiovisual  Salón de actos
 09:30 - 10:25  3º ESO

Balbina

Yolanda Fernández

 Audiovisual  Salón de actos
 10:45 - 11:45  1º ESO A

Carlos Fernández

Paula Ugarte (15 m.)

 Taller - Clase  Clase
 2º ESO A

Pepe

Begoña Centoira (15 m.)

Tereisa Meixide (15 m.)

 Taller - Clase  Clase
 3º ESO A

Teresa Meixide

Carlos Melchor (15 m.)

 Taller - Maqueta

 Pasillo

 Planta baixa

 12:45 -13:45  1º ESO B

Begoña Centoira

Paula Ugarte (15 m.)

 Taller - Clase  Clase
 2º ESO B

Pepe

Paco (15 m.)

 Taller - Clase  Clase

3º ESO B

3º ESO DIV

Olga

Rita (15 m)

Esther (15 m.)

Taller - Maqueta

 Pasillo

 Planta baixa

Distribuir contido