Extraescolares

Aviso

Ó concerto didáctico programado polo Departamento de Música para o día 20 so irá o alumnado de 3º de ESO

Concerto didáctico

20/01/2011 09:35
20/01/2011 14:25
Etc/GMT+1

Departamento

  • Música

Profesorado

  • Reme Rodríguez

Alumnado

  • 3º de ESO

Lugar

  • Santiago de Compostela

Coste

  • 5 €  (transporte)

Teatro: Memorias dun neno labrego

01/02/2011 09:35
01/02/2011 14:25
Etc/GMT+1

Departamentos:

  • Lingua e literatura galega

Profesorado

  • Teresa Meixide
  • Olga Iglesias

Grupos:

  • 3º de ESO

Lugar

  • Santiago de Compostela

Semana branca

23/01/2011 08:45
29/01/2011 14:25
Etc/GMT+1

Departamento

  • Educación física

Grupos:

  • 1º de bacharelato e ciclos

Patinaxe sobre xeo

18/01/2011 10:25
18/01/2011 14:25
Etc/GMT+1

Departamentos:

  • Educación física

Grupos:

  • 1º e 2º de ESO

Material necesario:

  • Guantes

Coste:

  • 3,5 € (entrada) + 5 € (transporte)

Intercambio Italia

O alumnado de 4º de ESO está a organizar un intercambio con alumnado italiano. Ó non contar este ano con subvencións, están realizando diversas actuacións co fin de recaudar fondos para axudar a sufragar o coste da actividade. Entre outras están vendendo lotería de nadal en participacións de 4 € + 1 € de donativo. Os décimos atópanse depositados na Administración de Lotería O rei Midas de Arzúa

Excursión fin de curso de 2º de Bacharelato

Co fin de obter fondos para a excursión de fin de curso, o alumnado de 2º de Bacharelato ten a venda doces artesáns na cafetería do centro. Tamén teñen participacións de loteria de reis de 5 €, 4€ de participación e 1 € de donativo.
Os décimos atópanse depositados na Administración de Lotería O rei Midas de Arzúa

Visita o Museo do Prado do alumnado de Arte de 2º de Bacharelato

26/11/2010 05:45
28/11/2010 23:59
Etc/GMT+1

DATA: 26-28 de novembro

GRUPOS: 2º Bacharelato B (alumnado de arte)

PROFESORADO: Cristina Brión Calo.

NORMAS XERAIS

1. Respectaranse todas as normas de convivencia e do regulamento de réxime interno..
2. Cumpriranse todas as instrucións do profesorado encargado, das empresas de transporte, dos establecementos hoteleiros e dos lugares visitados.
3. Respectaranse co máximo coidado todas instalacións e bens públicos ou privados. Calquera desperfecto ocasionado será responsabilidade do alumnado causante que asumirá integramente o custo da reparación.
4. Respectaranse escrupulosamente os horarios fixados para cada actividade. A falta de puntualidade será considerada unha falta gravemente prexudicial cando impida a realización dunha actividade programada.
5. O lugar de aloxamento e un lugar de descanso polo que se respectarán  os horarios fixados polo profesorado encargado no que respecta ó silencio e comportamento axeitado. Calquera chamada de atención por parte do profesorado ou dos responsables do establecemento conlevará as medidas disciplinarias oportunas.
6. Está absolutamente prohibido o transporte ou consumo de alcol, tabaco ou calquera outra substancia estupefaciente. O infrinximento desta norma será considerada unha conduta gravemente prexudicial.
7. O comportamento xeral durante a actividade deberá ser de respecto e interese, e deberá estar  acorde coa formulación educativa no que están enmarcadas as actividades extraescolares. Neste sentido serán consideradas condutas gravemente prexudiciais as actitudes violentas, racistas ou sexistas.
8. No caso das condutas gravemente prexudiciais ou do incumprimento reiterado das normas sinaladas o profesorado encargado porao en coñecemento da dirección do centro quen tomará as medidas oportunas, debendo a familia asumir os gastos ocasionados pola viaxe de retorno no caso que así se estime.

NORMAS ESPECÍFICAS.

1. Os traslados realizaranse preferentemente en metro.
2. O almorzo e as comidas realizaranse en cafeterías ou restaurantes cun mínimo de calidades.
3. O prezo das viaxe e de 150 € e inclúe traslado en avión e aloxamento en hotel de 4 estrelas.
Localización e características do hotel: http://www.celuisma.com/node/249
4. Os gastos de manutención e traslados en Madrid serán por conta dos interesados.
5. O teléfono de contacto será 633410707.
6. Saída:

  • Presentación no aeroporto de Lavacolla en Santiago de Compostela o venres, 26 de novembro as 5:45.
  • So se poderá levar equipaxe de man que non teña que ser facturado.

7. Regreso:

  • Presentación no aeroporto de Barajas o domingo 28 de novembro as 21:30
  • Hora aproximada de chegada a Santiago de Compostela: 23:55

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  1. Permiso asinado polo pai/nai ou titor.
  2. DNI.
  3. Tarxeta sanitaria.

Saída de campo para recolectar cogumelos

28/10/2010 10:25
28/10/2010 13:35
Etc/GMT+1

Alumnado:

  • 4º de ESO

Profesorado:

  1. Josefina López Santos
  2. Santiago José Soliño Díez

 

4º de ESO

Distribuir contido