Visita o Museo do Prado do alumnado de Arte de 2º de Bacharelato

26/11/2010 05:45
28/11/2010 23:59
Etc/GMT+1

DATA: 26-28 de novembro

GRUPOS: 2º Bacharelato B (alumnado de arte)

PROFESORADO: Cristina Brión Calo.

NORMAS XERAIS

1. Respectaranse todas as normas de convivencia e do regulamento de réxime interno..
2. Cumpriranse todas as instrucións do profesorado encargado, das empresas de transporte, dos establecementos hoteleiros e dos lugares visitados.
3. Respectaranse co máximo coidado todas instalacións e bens públicos ou privados. Calquera desperfecto ocasionado será responsabilidade do alumnado causante que asumirá integramente o custo da reparación.
4. Respectaranse escrupulosamente os horarios fixados para cada actividade. A falta de puntualidade será considerada unha falta gravemente prexudicial cando impida a realización dunha actividade programada.
5. O lugar de aloxamento e un lugar de descanso polo que se respectarán  os horarios fixados polo profesorado encargado no que respecta ó silencio e comportamento axeitado. Calquera chamada de atención por parte do profesorado ou dos responsables do establecemento conlevará as medidas disciplinarias oportunas.
6. Está absolutamente prohibido o transporte ou consumo de alcol, tabaco ou calquera outra substancia estupefaciente. O infrinximento desta norma será considerada unha conduta gravemente prexudicial.
7. O comportamento xeral durante a actividade deberá ser de respecto e interese, e deberá estar  acorde coa formulación educativa no que están enmarcadas as actividades extraescolares. Neste sentido serán consideradas condutas gravemente prexudiciais as actitudes violentas, racistas ou sexistas.
8. No caso das condutas gravemente prexudiciais ou do incumprimento reiterado das normas sinaladas o profesorado encargado porao en coñecemento da dirección do centro quen tomará as medidas oportunas, debendo a familia asumir os gastos ocasionados pola viaxe de retorno no caso que así se estime.

NORMAS ESPECÍFICAS.

1. Os traslados realizaranse preferentemente en metro.
2. O almorzo e as comidas realizaranse en cafeterías ou restaurantes cun mínimo de calidades.
3. O prezo das viaxe e de 150 € e inclúe traslado en avión e aloxamento en hotel de 4 estrelas.
Localización e características do hotel: http://www.celuisma.com/node/249
4. Os gastos de manutención e traslados en Madrid serán por conta dos interesados.
5. O teléfono de contacto será 633410707.
6. Saída:

  • Presentación no aeroporto de Lavacolla en Santiago de Compostela o venres, 26 de novembro as 5:45.
  • So se poderá levar equipaxe de man que non teña que ser facturado.

7. Regreso:

  • Presentación no aeroporto de Barajas o domingo 28 de novembro as 21:30
  • Hora aproximada de chegada a Santiago de Compostela: 23:55

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  1. Permiso asinado polo pai/nai ou titor.
  2. DNI.
  3. Tarxeta sanitaria.