MELLORAS NO IES

Co fin de facer máis agradable o noso traballo e o dos nosos alumnos procedeuse a facer diversas melloras no noso instituto, creouse un novo Departamento de Orientación e un novo espazo para que os titores poidan recibir aos pais dos seus alumnos, recolocaronse os despachos correspondentes a dirección e estase a acondicionar o taller de automoción.

 

UN ALUMNO E UNHA ALUMNA DO CENTRO RECIBIRON UNHA HOMENAXE NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

NURIA BELLO BARRAL e ALBERTO RIVADULLA SÁNCHEZ, participaron nunha homenaxe que a Universidade de Santiago de Compostela dedica aos alumnos/as que obtiveron máis de 9 puntos de media entre  a Parte Xeral das probas de Selectividade e as notas de Bacharelato. No evento que reuniu a maís de 400 alumnos/as de toda Galicia, os nosos representantes recibiron un diploma acreditativo e outros agasallos.

100 % APROBADOS NA SELECTIVIDADE

 

NESTE CURSO, COMO CASE TODOS OS ANOS, OS NOSOS ALUMNOS ACADARON O 100% DE APROBADOS NA SELECTIVIDADE.

 NORABOA!!!!

Probas acceso a ciclos medios 2014

Na seguinte ligazón podedes consultar os lugares e instrucións da proba


http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual

Distribuir contido