100% DE APROBADOS EN SELECTIVIDADE!!!

UN ANO MÁIS O NOSO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO OBTIVO UN 100% DE APROBADOS NAS PROBAS ABAU.

NORABOA A TODOS/AS!!!

BOLETÍN 3º TRIMESTRE CURSO 2017-18

Xuntamos en arquivo o exemplar do 3º Boletín Trimestral do curso 17-18. 

PLAMBE, E-LBE. CLUB DE LECTURA

 

.

- Polo que respecta ó PLAMBE, o equipo de biblioteca solicitouno, mediante o oportuno proxecto, por noveno ano consecutivo, para este curso 2017-18: foille condedido novamente, cunha cuantía de 1500 € destinados á adquisición de fondos diversos (libros en formato papel ou dixitais, publicacións periódicas e DVD), tal como se recolle na Orde do 13 de outubro de 2017 (DOG do 24 /10 / 2017).

 

 

 

4ª XORNADA DA XXV SEMANA CULTURAL

O martes 27 visita o noso IES Juan Antonio Sánchez-Tembleque, da Consellería de Medio Rural, da Xunta de Galicia, para analizar en profundidade a problemática dos incendios, que destrúen o noso patrimonio natural.

XXV SEMANA CULTURAL. XORNADA CULTURAL. 30 DE NOVEMBRO

XXV Semana Cultural. Xoves 30 de novembro. Conferencia: "A Constitución do 1978. Posibilidades de futuro". Relator: Antolín Sánchez Presedo, ex-eurodiputado e avogado.

XXV SEMANA CULTURAL

A SEMANA CULTURAL CELÉBRASE, TRADICIONALMENTE, NA SEMANA ANTERIOR ÁS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA. ESTE ANO COMO É A XXV SEMANA CULTURAL, FARANSE ACTIVIDADES AO LONGO DE TODO O CURSO.

A PRIMEIRA DELAS SERÁ O 22 DE NOVEMBRO, CO SEGUINTE PROGRAMA:

  1. 3ª E 4º HORA PROXECCIÓN DA PELÍCULA: PRIMEIRA PLANA.
  2. 5ª E 6ª HORA CONFERENCIA A CARGO DO ANTIGO ALUMNO IVÁN GÓMEZ BLANCO (LICENCIADO EN XORNALISMO), "ÉTICA PERIODÍSTICA".

O IES DE CURTIS CONTINÚA NO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Segundo a ORDE do 13 de outubro de 2016 pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos para o curso 2016/17, o IES de Curtis continuará no curso 2016/17 no Plan de Mellora de biblotecas escolares.

UN ARTIGO DO EQUIPO DA NOSA BIBIBLIOTECA FOI PUBLICADO NA REVISTA "EDUGA"

http://www.edu.xunta.es/eduga/

 

Un artigo do EQUIPO DE BIBLIOTECA de Curtis sobre o Obradoiro de publicidade titulado 
E ti, sabes ler...publicidade? ,está na pestaña FORMACIÓN, dentro do apartado PROXECCIÓNS
 
Distribuir contido