Reclamación ás cualificacións de 2º de bacharelato

O procedemento para formular reclamacións ás cualificacións finais de 2º de bacharelato vén establecido pola Orde do 22 de abril de 2010 (DOG do 4 de maio) e desenvolvido pola Circular 5/2011 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

De acordo con esas normas, en primeiro lugar cómpre formular a reclamación perante a dirección do centro. O impreso pódese descargar nos ficheiros adxuntos en formato pdf ou odt.

Tal como determina a citada circular, no curso 2010-2011 os prazos son os seguintes:

  • Convocatoria de xuño: os días 25 e 26 de maio, ata as 14 horas. A resolución recollerase o 30 de maio ás 12:30 h.
  • Convocatoria de setembro: os días 5 e 6 de setembro,  ata as 14 horas.
AdxuntoTamaño
solicitude_revision_cualificacions_formulario_b2.odt80.13 KB
solicitude_revision_cualificacions_formulario_b2.pdf124.9 KB