PARABÉNS!
Á Profesora Rosa Díaz e ao grupo de 2º ESO B que veñen de gañar a final autonómica do Rally Matemático despois de quedar nunha primeira selección entre os tres mellores de Galicia.
O noso grupo representará a Galicia no Rallye mathématique sans frontières o 2 de xuño de 2017 en Toulouse, Francia. Realizarán a viaxe grazas ás axudas económicas aportadas por ABANCA, DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, CONCELLO DE OURENSE, CONCELLO DE TOÉN e CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN. Uns 35.000 candidatos de Francia, Andorra, España (Aragón, Galicia e Cataluña), Illa de Reunión e Hungría toman parte do Rally.
MOITA SORTE EN TOULOUSE!