Skip to Content

SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR 2023-24

 XUNTO COA MATRÍCULA SOAMENTE ALUMNADO ESO

  • Transporte escolar en Bacharelato (Non se solicita no centro escolar)
  • Solicitude de transporte escolar 2023-24 (ESO)
  • Solicite o impreso para o transporte escolar ao recoller o sobre de matrícula do curso 2023-24. Debe entregarse cuberto  xunto coa matrícula, non habendo outro prazo para facelo (agás alumnado que se incorpora unha vez iniciado o curso escolar).
  • A solicitude debe cubrirse cos datos do alumnado (nome, apelidos, dni, curso, etc). Na solicitude figura a listaxe das paradas autorizadas, deberá márcase a parada escollida, soamente se pode marcar unha parada.
  • No caso de ter que solicitar diferentes paradas na mesma ruta ou ben facer emprego de dúas rutas terá que falar persoalmente coa Secretaria do centro xa que a solicitude deberá ser autorizada pola Consellería e Mobilidade sendo preciso facer un escrito.
  • No caso de solicitar parada nova deberá solicitar cita coa Secretaria. Para poder solicitar unha parada nova (é dicir, parada non existente na listaxe) terá que ter unha distancia mayor de 2.5 km á parada máis próxima e estar dentro dunhas das rutas de transporte. Neste caso será preciso facilitar TODOS os datos solicitados sobre a parada (foto da parada, distancia a parada anterior, distancia a parada seguinte, coordenadas, nome da parada, ruta). De non cubrir os datos a solicitude non poderá ser tramitada.  Se a distancia a algunha das paradas existente é inferior a 2.5 km non se poderá tramitar a solicitude (agás que existan circunstancias excepcionais que deberán acreditarse mediante escrito e documentación na Secretaría do centro).  
  • Solicitude de nova parada
AdxuntoTamaño
Solicitude Transporte Escolar 2023-24.pdf107.42 KB
modelo solicitud parada nova(1).pdf80.17 KB


story | by Dr. Radut