Skip to Content

ALUMNADO DE BACHARELATO - TRANSPORTE ESCOLAR.

TRANSPORTE ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE BACHARELATO

 

O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato que queira facer uso do transporte escolar deberá solicitar a tarxeta "Xente Nova" coa que os importes inicialmente abonados seranlles reintegrados pola Xunta de Galicia nos termos previstos para esta tarifa, dos que se ofrece información na web www.bus.gal

 

NORMATIVA: INSTRUCIÓN CONXUNTA 1/2021, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE E DA DIRECCIÓN XERAL DE MOBILIDADE DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE, DO 25 DE XUÑO, SOBRE A XESTIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE DE ESCOLARES NO CURSO ESCOLAR 2021-2022 da que achegamos copia adxunta

na páxina 13, apartado 4º. referido ao alumnado de bacharelato, ciclos formativos medios e superiores de FP e programas similares de dita instrución indícase:

"No caso dos servizos integrados, non se realizará reserva de praza a favor destes escolares, quen, sempre que haxa prazas dispoñibles, poderán facer uso do servizo en condicións análogas, sen que se modifiquen as rutas nin se cren novas paradas; para que o acceso ao servizo integrado non teña custo económico para as persoas usuarias, poderán facer uso da tarxeta de transporte Xente Nova, coa que os importes inicialmente abonados seranlles reintegrados pola Xunta de Galicia nos termos previstos para esta tarifa, dos que se ofrece información na web www.bus.gal."

 

 

AdxuntoTamaño
Instrucion_1-2021_TRANSPORTE_2021-2022_0.pdf371.3 KB


story | by Dr. Radut