Skip to Content

Uso de máscara no transporte escolar curso 22-23

lLmbramos ao alumnado que é usuario de transporte escolar que no punto 3 do novo protocolo covid publicado hoxe no portal da Consellería dise que:

"3. Uso de máscara
A máscara utilizarase no transporte escolar de acordo ao previsto con para o transporte con carácter xeral." Polo tanto o alumnado deberá levar en todo momento máscara no transporte escolar."

Dédese ter en conta que o condutor/a podería negarse a deixar subir ao autobús ao alumnado sen máscara

Presentación curso 22-23

Día de presentación: 8 de setembro

Hora: ESO ás 10:30 horas, BACHARELATO ás 11:00

Transporte escolar: o autobuses saírán das cabeceiras ás 10:00 horas

O alumnado de bacharelato non ten transporte escolar neste curso 22-23 xa que non temos prazas dispoñibles

Saída dos autobuses de volta para casa: 11:30 horas

 

Axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as Concello de Vigo

Axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (2ª etapa),

Educación primaria e secundaria axudas para comedor

Información no documento adxunto

 

Horario do centro para o curso 22-23

O horario do centro para o curso 22-23 será:

Luns de 8:30 a 14:10  e de 16:30 a 18:10

Martes, mércores, xoves e venres de 8:30 a 14:10

 

Documentación e períodos de matriculación

1º ESO: 29, 30 de xuño e 1 de xullo horario de 9:00 a 13:30

 

2º, 3º e 4º ESO 1º e 2º BAC: do 4 ao 7 de xullo horario de 9:00 a 13:30

 

O 30 de xuño estará dispoñible a documentación de matrícula na páxina WEB excepto 1º ESO que está no documento adxunto

 

Recollida equipamento edixgal alumnado de 4º ESO e alumnado que causa baixa no centro:

do 28 de xuño a 7 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas

Horario libros ANPA

O horario e organización de libros da ANPA será o seguinte

29 de xuño recollida e venda

13 de xullo recollida de libros

14 de xullo venda de libros

Estes tres días o horario será de 17:00 a 19:00

Non se recollen libros dos cursos 1º ESO, 3º ESO, e 1º BACH por cambio de editorial debido á entrada en vigor da LOMLOE nestes cursos

 

Teléfono de consultas 628319577

Horario do centro

 A partir do 23 de xuño e durante o mes de xullo o horario de atención ás familias será de 9:00 a 13:30

A partir do 26 de xullo o horario será de 9:30 a 11:30

Calendario exames avaliación extraordinaria 2º BAC

Achégase o calendario de exames da avaliación extraordinaria de 2º BAC

Actividade co CEIP Ría de Vigo

O venres tivemos unha actividade conxunta do alumnado de 6º do Ceip Ría de Vigo. Música, celebración e convivencia fixeron que gozaramos dunha intensa mañá

Álbum: Curso 2021-2022 -> Actividade co Ceip Ría de Vigo

Calendarios fin de curso

Achegamos nas imaxes e nos adxuntos os calendarios de fin de curso para ESO, 1º BAC e 2º BAC

 

Novos criterios de promoción, titulación e matrícula de honra (ampliado)

Publicamos os novos criterios de promoción, titulación e matrícula de honra segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Estes criterios atopanse no documento que se achega. Achégase tamén a orde de referencia

Convocatoria de Bolsas para estudos postobrigatorios e FP Básica Curso 22/23

O novo prazo da convocatoria de bolsas de estudos para niveis postobrigatorios abriu hoxe 30/03/2022 e estará aberto ata o 12/05/2022.  

É importante que os alumnos pidan a bolsa neste prazo aínda que non saiban o que van estudar nin onde nin si van seguir estudando xa que, doutro xeito, non a poderán pedir para o curso 22/23 (os datos académicos son provisionais e en setembro, previsiblemente, poderán acceder de novo á solicitude para modificalos).

Tamén o alumnado de ESO que teñan intención ou sexan candidatos a cursar FP Básica no curso 22/23 tamén deben solicitar a bolsa dentro deste prazo se queren optar a ela.

Máis información en 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2022.html

 

Distribuir contido


by Dr. Radut