Skip to Content

Seguridade viaria no transporte escolar

Desde a Policía Municipal de Vigo informan que se está a desenvolver unha campaña de seguridade viaria no transporte escolar, incidindo no uso do cinto de seguranza. Achegamos a información que desde a Policía nos fan chegar. Lembrade de incidir nos vosos/as fillos/as a importancia da seguridade no transporte. Lembrade que unha multa por non utilizar o cinto págaa a familia do menor.

Non hai cambio de horario

Bos días, comunicámonos onte de novo coa empresa de autobuses e chegamos ao acordo de que NON VAI HABER CAMBIO NO HORARIO. Seguiremos co de inicio de curso. Ao longo do día de hoxe colgaremos na páxina web do centro https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/
as modificacións que se van producir nas liñas para optimizar o transporte e a recollida do alumnado. Estamos tentando solucionar os problemas que quedan neste tema. Comunicarvos tamén que a partir do luns o centro non se fará cargo de taxis para o alumnado. De producirse algún problema co transporte as familias deberán dirixirse por escrito a xefatura territorial, servizo de transporte da xefatura territorial ou inspección educativa. Pode ser directamente ou a través do centro. Esperamos que todo se normalice. Un saúdo

Novidades transporte escolar

Debido ao cambio na concesión do transporte escolar por parte da Consellería de Educación estanse a producir desaxustes no servizo.

Tras a reunión mantida esta mañá na Xefatura Territorial tomáronse os seguintes acordos:

As saídas das cabeceiras será ás 7:30 horas, excepto a liña 1 que sairá ás 7:20

O alumnado da parada Teixugueiras 16 serán recollidos polas liñas 1 e 3. O transporte subirá ao alumnado segundo as prazas dispoñibles, pero todos serán transportados.

A parada de Roteas será na parada de Lugove (antiguo ATSA).

Os martes e xoves a liña 7 sairá do instituto ao mediodía un pouco máis tarde  que as demais. Problemas de tráfico debido a estreitez da rúa Carrasqueira.

A empresa comprométese a solucionar todos os atrancos entre mércores e xoves. Se continuase habendo problemas poñédevos en contacto co instituto, así centralizamos todas as queixas, e nos trasladarémolas á compañía buscando a solución.

A partir da próxima semana e para que o alumnado non estea moito tempo no centro sen clase, adiantaremos á hora de entrada e saída. Ao longo de xoves e venres comunicarémolo ao alumnado e ás familias.

Solicitamos a vosa comprensión e reiterámonos en pedir desculpas polos atrancos que nos está a ocasionar a toda a comunidade educativa esta situación.

 

Recomendacións para o nadal

Eleccións ao consello escolar do centro

A xunta electoral do IES Coruxo informa que desde o día 9 de novebro ata o 16 do mesmo estará aberto o prazo para a presentacion de candidaturas ao consello escolar do centro. Dada a importancia que este órgano ten para o centro animamos a membros de todos os sectores educativos a presentar as súas candidaturas. A presentación farase na secretaria do centro.

Programacións

Actualizadas ao curso 21-22 as programacións das diferentes materias que se imparten no centro.

Eleccións ao consello escolar do centro

No documento que se achega publícanse as datas para a elección dos membros do consello escolar e a súa constitución

Inicio de curso

Por mor das normas da Covid a incorporación do alumnado fárase de xeito escalonado

Día 15 de setembro

1º ESO e 3º ESO ás 11:00

2º ESO e 4º ESO ás 11:15

Bacharelato ás 11:30

Haberá transporte escolar para o alumnado da ESO. Os autobuses saíran das cabeceiras de liña ás 10:15 horas.

As 12:00 será a saída dos autobuses para volver a casa.

O alumnado de bacharelato, de momento, non ten transporte escolar. Esperamos unha vez iniciado o curso ir solucionando este tema e poder adxudicarlles praza.

Horario da ANPA recollida e venda de libros

Horario da ANPA recollida e venda de libros

Lugar: local da ANPA

 

Recollida de libros

Data 10 e 13 de setembro

Horario de 16:30 a 18:00

 

Venda de libros

Data: 14 e 15 de setembro

Horario de 16:30 a 18:00

Horario do centro no verán

Horario do centro

de 25 de xuño a 23 de xullo: de 9:00 a 13:30

De 26 de xullo a 31 de agosto: de 9:30 a 11:30

Teléfono do centro: 886 111 016

Teléfono de urxencia: 604 062 267

Solicitude de certificados: escribir correo a ies.coruxo@edu.xunta.es cos datos do solicitante

Datas fin de curso

Entrega notas 2º BAC: día 23 ás 10:30

Entrega notas 1º BAC e ESO: día 24 ás 10:00 Non haberá transporte escolar

Devolución de libros: 25, 28 e 29 de xuño de 9:30 a 13:00. Só devolve o alumnado que aproba todas as materias en xuño

Os ordenadores non se devolven, o alumnado quedara con eles no verán

24, 25, 28 e 29 de xuño de 9:30 a 12:30 o profesorado estará no centro para a revisión de exames e consulta de dúbidas

Mural do alumno Daniel Lago Rodríguez

O noso alumno, Daniel Lago Rodríguez de 3º ESO A, creou este impresionante mural que colocaremos en sitio destacado do patio central do centro como elemento permanente da nosa colección de creacións do alumnado.

Matrícula curso 21-22

Período matriculación e documentación necesaria

Nos documentos adxuntos atópanse os documentos necesarios para formalizar a matrícula

Calendario fin de curso 20-21. Períodos reclamación

2º Bacharelato extraordinaria

-Entrega de notas 23 de xuño ás 10:30 horas

-Período reclamacións: 24 e 25 de xuño. Resolución 28 de xuño ás 12:00 horas

-Solicitude reclamación ante Xefatura Territorial (preséntase no centro ante a dirección): 29 e 30 de xuño

 

1º Bacharelato e cursos da ESO

-Entrega de notas: 24 de xuño ás 10:00 horas

-Período reclamación: 25 e 28 de xuño. Resolución 29 de xuño ás 12:00 horas

-Solicitude reclamación ante Xefatura Territorial (preséntase no centro ante a dirección): 30 de xuño 1 de xullo

 

A Xunta abre o prazo para que as familias soliciten axudas para material escolar

Aberto o prazo para solicitar axuda de material. Este curso non haberá axuda de libros xa que o centro impartirá o ensino a través de edixgal de 1º a 4º da ESO.

O prazo remata o 22 de xuño

Distribuir contido


by Dr. Radut