O pasado 20 de marzo o alumnado de Física de 2º de Bacharelato tivo a oportunidade de consolidar os contidos vistos no curso mediante unha demostración lúdico-práctica de óptica xeométrica.
O encargado de dirixir o obradoiro, D. Jose Benito Vazquez Dorrio, catedrático do Departamento de Física Aplicada da UVigo e premio da Real Sociedade Española de Física, achegou todos os aparellos para facer posible este obradoiro no laboratorio de Física do IES Coruxo.
A idea é consolidar os contidos vistos na clase con actividades prácticas e motivar ó alumnado ó estudo das ciencias en xeral e da Física en particular.
Física re-creativa no IES Coruxo!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Explicación previa.jpg | 426.32 KB |
Explicación previa 2.jpg | 489.56 KB |
Prueba 1.jpg | 454.23 KB |
Prueba 2.jpg | 2.11 MB |