O pasado 23 de febreiro alumnado de 3º ESO participou en diferentes experimentos de combustión na Escola de Enxeñería de minas e enerxía da Universidade de Vigo.
A partir de diferentes explicacións sobre a combustión e en grupos de 25 alumnos/as, fixéronse diferentes experimentos nos que puido participar e manipular obxectos o propio alumnado.
Con este tipo de actividades, trátase de reforzar os coñecementos adquiridos na aula dun xeito práctico e divertido, apostando por metodoloxías no que o alumnado sexa o protagonista do seu propio aprendizaxe. Esta é a liña que buscamos para os próximos cursos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Explicación 1.jpeg | 197.51 KB |
Experimento 1.jpeg | 228.63 KB |
Experimento 2.jpeg | 225.03 KB |
Experimento 3.jpeg | 124.72 KB |
Explicación vídeo.mp4 | 2.27 MB |