Skip to Content

Concerto da Real Filharmonía de Galicia. Teatro Afundación de Vigo

O 26 de Xaneiro, un grupo de alumnas de 1º Bacharelato e a súa profesora, asistimos ó concerto da Real Filarmonía de Galicia, dirixida nesta ocasión pola directora portuguesa Rita Castro. Baixo o título de Percorrendo a felicidade, fixemos unha viaxe dende o Clasicismo de Mozart, ata a visión nostálxica do pasado, cos compositores do século XX, Martinu y Honneger.

As pezas de Mozart abriron e pecharon o concerto. Comezando coa Abertura da ópera “As vodas de Fígaro” ( 1787), na que Mozart non utiliza ningún dos temas que logo aparecerán na ópera.

De seguido saltamos no tempo, podendo desfrutar da Pastorale d’été  ( 1921) de Arthur Honegger. Trátase dun poema sinfónico cuxa partitura está encabezada por unha cita do poeta Arthur Rimbaud: “ Abracei o amencer de verán”.

A continuación, e seguindo no século XX, a Toccata e due canzoni (1946) de B. Martinú. O compositor pretendía que fose unha peza lixeira e optimista, pero acabou sendo unha obra máis escura e disoante por momentos. Na que o piano xoga un papel fundamental, que contribúe a crear un ambiente tenso. A primeira canzona baséase nun motivo de sete notas que é anunciado polo piano. A segunda canzona empeza soando disoante, para rematar de xeito luminoso na tonalidade de Re Maior.

Como broche final, a Sinfonía nº 38 “Praga” (1787) de W.A. Mozart. Os elementos diferenciadores en relación a outras sinfonías, son o emprego de só 3 movementos, prescindindo do Scherzo; a existencia dunha introducción lenta que da paso ó Allegro ; e a non presenza dos clarinetes.

Grazas ó programa “Quedamos no palco, quedamos coa clásica” de Afundación, seguiremos desfrutando de máis concertos ó longo do curso.

AdxuntoTamaño
Concerto 1.jpeg194.18 KB


page | by Dr. Radut