O alumnado de 3º ESO visitou durante os días 22 e o 29 de novembro a Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón, onde pudieron mergullarse no seu patrimonio arquitectónico, cultural e botánico.
Grazas a visita a Casa de Rosalía (“Miña casiña, meu lar!) e a exploración do seu parque botánico (“hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei”) pudieron comprender a importancia de Rosalía como referente e como figura central da cultura galega.
E por suposto grazas as nosas docentes do Instituto que fixeron de guías. E grazas tamén as xestións realizadas polo Departamento de Galego para que unha gran parte da visita fose financiada pola Deputación de Pontevedra.
"Airiños, airiños, aires, airiños levaime a ela. Sin ela vivir non podo, non podo vivir contenta".
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Foto grupo Rosalía 22.jpeg | 175.71 KB |
Cociña.jpeg | 94.92 KB |
Cadro Rosalía.jpeg | 81.56 KB |
Foto casa labranza.jpeg | 142.17 KB |
Panel Rosalía.jpeg | 76.06 KB |
Salón.jpeg | 87.49 KB |
Cadro Rosalía 2.jpeg | 66.08 KB |