Skip to Content

Concerto 22 de Novembro Real Filharmonía de Galicia

Un grupo de alumnas de 1º Bacharelato e máis eu, a súa profesora de música, asistimos a un concerto ofrecido pola Real Filarmonía de Galicia, dirixida polo director suizo, Baldur Brönnimann. O repertorio, de 3 pezas de música clásica, foi exquisitamente interpretado pola orquestra.

 

Dúas das pezas son románticas, mentres que a terceira emprega unha sonoridade propia da música do século XX.

  • “O idilio de Sigfrido” ( 1870), foi un agasallo de Richard Wagner á súa esposa, Cosima Liszt. Composta nun só movemento, o material temático é tomado de varias pezas do acto III da súa ópera “Sigfrido”.
  • A Sinfonía nº3 “Singulière” (1845), do compositor sueco Franz Berwald, presenta 3 movementos ( Allegro- Adagio-Presto).Unha melodía optimista percorre os primeiro e terceiro movemento.
  • “Schattenhaft” , composta polo música galego Hugo Gómez Chao, foi estreada neste día. Caracterízase polo emprego dunha linguaxe musical rupturista: ausencia da melodía, do ritmo, da tonalidade. Impera a disonancia, e a busca da experimentación sonora, coa finalidade de recrear unha atmósfera concreta, acadando un ambiente escuro e tenebroso.

Todos os instrumentos da orquestra están ó servizo da nova sonoridade, e non se executan do xeito tradicional. Son precisas novas técnicas instrumentais: a pianista manipula as cordas deste instrumento coas súas mans; na ampla sección de percusión ( 2 gongs, 2 marimbas, 2 bombos,..) , os músicos fan uso de obxectos para percutir os mesmos e obter timbres diferentes.

Como din dende a orquestra, “ esta peza musical traslada o universo poético dos corpos en resonancia ao mundo dos sons, xogando coa idea da ausencia, da presenza, da lembranza”.

Unha tarde-noite inesquecible para nós, profesora e alumnas

AdxuntoTamaño
En directo (1).jpeg92.83 KB
Despedida.jpeg81.88 KB
Alumnado.jpeg98.09 KB


page | by Dr. Radut