Skip to Content

XORNADA DE COMEZO DO CURSO 2023-2024

Datas e horario da xornada de comezo do curso 2023-2024. O alumnado deberá acudir á xornada de presentación na hora indicada para cada curso ou nivel. A duración aproximada da recepción será de unha hora.

O alumnado de ESO contará con servizo de autobuses para achegarse ao centro. O alumnado de Bacharelato non poderá empregalo xa que está pendente de asignación de praza.

A continuación detallamos os horarios dende as cabeceiras das diferentes liñas só para este día de presentación. Os horarios son estimados, polo que pedimos que se presenten nas paradas con certa antelación.


Os horarios dos autobuses de ida serían os seguintes:

  • LIÑA 1. Travesía de Vigo, 97 (9.45) - Gran Vía - Castrelos - Florida 20  - Rúa Teixugueiras/o Limpiño - IES Coruxo
  • LIÑA 2. García Barbón, 139 - Praza da Industria (10.00) -Avda Atlántida - Teixugueiras 29/38 - IES Coruxo
  • LIÑA 3. Camelias, 40 (10.00) - Fragoso - Balaídos - Castelao - Teixugueiras, 22 - San Paio - IES Coruxo
  • LIÑA 4. Estomada (10.00) - Gondufe - Orxás - Prado - Saiáns - Oia Cruce Mide - Gasolineira - Canido Estación - Oia Colexio  – IES Coruxo.
  • LIÑA 5. Matamá Alvite (10.00) - San Andrés - IES Coruxo
  • LIÑA 6. Chandebrito (10.00) - Fragoselo - IES Coruxo
  • LIÑA 7. Oia-Cruceiro (10.00) – Hermida (Roteas) - Cruceiro San Miguel - Canido (praia) - IES Coruxo

 
Para a volta os autobuses saen do Instituto as 12:45

 

 



blog | by Dr. Radut