Skip to Content

CLUBS DE LECTURA E FAMILIAS

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS.- CURSO 2024-2025

Estimadas familias:
No DOG do 7 de maio, publícase a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar, para 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, curso 2024/25.

Presentación das solicitudes:

  • A través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https;//sede.xunta.gal/.
  • Nos centros docentes ou en calquera rexistro establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.  Neste caso poderán descargar a documentación e información sobre o procedemento na propia aplicación de fondo libros,  na páxina web do centro ou recollela en papel na secretaría. (Anexos I e II, ambos editables en liña)

Prazo ata o 21 de xuño.

Recorden que o fondo solidario estará formado polos libros comprados con vale e tamén polos que, de xeito desinteresado, vostedes queiran aportar. Para iso é necesario que comproben o bo estado do material e o entreguen no centro, nas datas que lle informarán proximamente.

Distribuir contido

                    

 



by Dr. Radut