DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA
Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 230, do 13.11.2020.
ALUMNADO DESTINATARIO
Alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria:
a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
b)Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
SOLICITUDES (Só para alumnado non beneficiario da axuda de material escolar)
Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro. ANEXO I e II
Prazo: do 16 ao 27 de novembro de 2020.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO I E II_ED330E_G_Alternativa.pdf | 136.44 KB |