Actividades 2018/2019

Literatura fantástica

 Nas primeiras semanas de maio, no vestíbulo do noso centro levouse a cabo unha actividade programada pola Biblioteca sobre a literatura fantástica, cedida polo grupo do PLAMBE. En diferentes paneis expuxéronse obras pertencentes a este xénero,  dende a antigüidade ata hoxe, en distintas linguas, incluíndo a literatura que se fai nas distintas linguas de España. No último panel tratouse das obras literarias que foron levadas ao cine.

A partir desa información, o alumnado contestou as cuestión que se lle presentaron nunha guía didáctica. Os paneis acompañáronse de obras desta temática, repartidas en diversas mesas, dos fondos da biblioteca.

Podedes ver algunas fotos da actividade picando na imaxe.

Álbum: Curso 2018/2019 -> Literatura Fantástica

Letras Galegas 2019: Antonio Fraguas

Este ano o Día das Letras Galegas adícaselle a Antonio Fraguas.

 Nado en Cotobade en 1905 e falecido en Santiago de Compostela en 1999, foi un destacado profesor, etnógrafo, xeógrafo, historiador e galeguista.

Dende a Biblioteca do centro quixemos renderlle homenaxe facendo unha exposición da súa grande obra, na que amosa o profundo  coñecemento  que tiña  do seu pobo  e da súa cultura.

Ao mesmo tempo, lembramos os escritores que foron homenaxeados ao longo destes anos e seleccionamos algunha das súas obras máis representativas.

Álbum: Curso 2018/2019 -> Letras Galegas 19: Antonio Fraguas

Concurso ex libris

          Despois dun intenso proceso creativo trala lectura dalgunha obra do autor, un bo fato de rapaces, sempre animados e orientados pola profesora de Plástica, presentaron a concurso a súa proposta para ex libris da nosa biblioteca, que leva a partir deste curso o nome de Ramiro Fonte, en recordo do escritor que foi profesor deste centro.

          Seguindo as bases establecidas na convocatoria -aínda que logo dunha pequena prórroga no prazo de presentación de traballos- o xurado emitiu o seu veredicto.

          Resultou gañadora a alumna de 4º A Miriam Núñez Pérez polo seu traballo baseado no motivo dunha rosa; a seguinte máis votada foi Antía Martínez Gregores e empatadas a votos quedaron Blanca Fernández Navarro, de 1º Bac-D, Leire Torres Lemos, de 4º B, e Ana Xu Hong, de 4º A, cos seus respectivos deseños.

Parabéns a todas!

          Animamos a todo o alumnado a seguir coñecendo a obra de Ramiro Fonte para poder participar con novas propostas o ano que vén. Este ano aínda non se fará definitiva a escolla da imaxe para o ex libris. Quedará este “en carteira” á espera da próxima convocatoria.

          Así que… a seguir cavilando en propostas para o

     Ex libris Biblioteca Ramiro Fonte

Álbum: Curso 2018/2019 -> Concurso ex libris

Erros e tánatos

Resultado de imaxes para erros e tánatos

O pasado xoves 2 de maio as alumnas de 1º de Bacharelato tivemos a oportunidade de gozar dunha conferencia do filólogo e escritor lalinense Gonzalo Navaza, na que puidemos formularlle as nosas preguntas sobre a súa obra "Erros e Tánatos" e pedirlle sinaturas nos nosos libros.

Na mitoloxía grega, Eros era o deus do amor e Tánatos o da morte. Xuntos conforman para a psicoloxía os dous instintos básicos do ser humano e como estes aspectos inflúen na nosa maneira de actuar: a vida (no sentido da "fraternidade" do amor) e a morte.

A rateira

A  rateira Agatha Christie

No mes de maio, o alumnado de 3º ESO A pertencente ao Club de Lectura reunímonos en varios recreos para comentar a peza teatral  de Agatha Christie A  rateira, obra que leva representándose en Londres dende 1952 e xa vai por máis de 25.000 representacións..

 Giles e Mollie Ralston inauguran a súa nova casa de hóspedes nos arredores de Londres e esta converterase  por uns días no epicentro dun macabro xogo criminal cun asasino solto entre os seus clientes. Illados por unha tormenta de neve e sabendo que calquera deles pode ser a próxima vítima, Os oito ocupantes da casa, un dos cales é un sarxento de policía, deberán pescudar quen é o asasino e quen está chamado a ser o próximo cadáver antes de que sexa demasiado tarde.

International Women´s Day

          Recuperamos estas dúas redaccións en inglés que dúas alumnas de 2º de bacharelato elaboraron con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o pasado 8 de marzo:

Charla de Malores Villanueva

          O IES Castelao celebrou o Día das Letras Galegas da man da profesora Malores Villanueva: unha das especialistas máis reputadas no ámbito da investigación sobre a figura de Antonio Fraguas, docente, etnógrafo e antropólogo ao que este ano se lle dedica o 17 de Maio.
          Diante dun auditorio conformado por alumnado de 4º de ESO e primeiro de bacharelato, a profesora Villanueva debullou aqueles socalcos biográficos máis salientables de Fraguas: desde a súa orixe en Cotobade, pasando polo contorno familiar, os seus primeiros estudos, a chegada a Santiago, o seu compromiso docente e galeguista, a represión sufrida tras a guerra civil ata o seu principal legado como foi a posta en marcha do Museo do Pobo Galego que el cofundou e presidiu.
          Non se desatendeu, nun discurso ameno, a análise da súa produción bibiográfica, orientada como é sabido cara aos estudos de carácter etnográfico e antropolóxico. Grazas á profesora Malores Villanueva por compartir o seu coñecemento coa comunidade educativa do IES Castelao.

Álbum: Curso 2018/2019 -> Charla de Malores Villanueva

L3CTUR4S M4T3M4T1C4S

         Desde a BIBLIOTECA festexamos o D14  3SC0L4R  D4S  M4T3M4T1C4S (12 de maio) amosando, no vestíbulo do instituto, algunhas lecturas relacionadas con este ámbito.          Ademais, recordamos uns cantos poemas nos que van da man os números e as letras, que sempre casaron ben. Xa os lemos hai uns aniños con motivo de dedicarse o Día da Poesía (21 de abril) á Poesía… Matemática.

 

 

Vídeo: Visita do alumnado do Lycée Gustave Eiffel

Neste vídeo lembramos a visita que nos fixo recentemente o alumnado do Lycée Gustave Eiffel:

Olimpiada de Matemáticas 2ºESO

     O 25 de abril un grupo de alumnado de 2ºESO participou na “Olimpiada de Matemáticas - zona de Vigo”. Carolina Mariño foi seleccionada para a fase final galega que se disputará o vindeiro 23 de maio en Lugo. Tamén queremos agradecer a participación e o bo traballo de Naiara de Miguel, Yago Montiel, Sergio Pico, Sergio Puente e Joel Quevedo.

Álbum: Curso 2018/2019 -> Olimpiada de Matemáticas
Distribuir contido