Actividades 2018/2019

Lemos e debuxamos manga

Ao longo do segundo trimestre os lectores do club de Manga realizaron debuxos de personaxes ou obxectos relacionados cos mangas lidos. Algúns sobre Toradora ou El pupitre de al lado  (P.A.R. de 2º ESO A) aparecen na sección Que che pareceu?  do noso club de lectura e outros, dos mangas Monster collection (Ainara Saínza 1º ESO B), Lovely complex (P.A.R). ou El ataque a los titanes (Lynette Álvarez de 1º ESO B) reproducímolos neste álbum. Esperamos que vos gusten.

Álbum: Curso 2018/2019 -> Debuxos manga

Día do Libro cos centros de día

     O pasado luns pola tarde, ás 16:40, tivemos unha sesión para festexar o Día do Libro cunha serie de textos destinados a un público moi especial: acompañáronnos persoas vindas de catro centros de día da cidade: Os Avós, Alcabre, Parque Castrelos e Atlántida. Eles quedaron encantados e nós tamén de recibilos, nun instituto -como algúns comentaban- ben distinto aos colexios nos que cursaron os estudos eles.

     Marabillados do noso Salón de Actos, alí puideron escoitar varios contos, poemas... que mesmo os fixeron emocionarse. E gustar gustáronlles, se xulgamos polos aplausos que lle ofreceron ao alumnado de 1º de ESO que participou.

     Como recordo, levaron cadansúa figura de Castelao para os seus centros de día, aos que volveron cando acabou o acto, contra as 17:45. Foi unha tarde diferente, tanto para os rapaces coma para os visitantes.

     Neste vídeo pódese ver boa parte da actividade:

    

     E aquí podedes disfrutar dalgunhas fotos da mesma:

Álbum: Curso 2018/2019 -> Día do Libro cos centros de día

A Furgolibro da Tía Ni

   O pasado martes día 30 quixemos celebrar o Día do Libro desde a biblioteca dunha maneira diferente: sacando os libros, cos que andamos a voltas estes días, ao patio. Para iso contamos coa presenza da fotógrafa-editora-libreira ambulante Nieves Loperena, que nos visitou coa súa furgoneta.

     O alumnado de 1º e 2º de ESO tivo ocasión de visitala, observar a variedade de libros que ofrece, coñecer o tipo de vendas que realiza por Galicia adiante, entrar na Furgolibro e mesmo nalgún caso adquirir algún exemplar.

     O día foi moi axeitado para a actividade pois o sol acompañou toda a xornada matinal na que se desenvolveu, como se ve nas fotos.

Álbum: Curso 2018/2019 -> A Furgolibro da Tía Ni

Exposición de libros en miniatura

     Noelia Carollo, de 3º A, ofrécenos a súa visión en miniatura do Club de Lectura. É a súa achega para a celebración do Día do Libro desde a biblioteca. 

     Parabéns pola iniciativa e a seguir lendo e "minimizando", Noelia.

Grazas!!

Álbum: Curso 2018/2019 -> Exposición de libros en miniatura

Día do Libro no Pombal

     O 24 de abril un grupo de alumnado de 2ºC e 3ºA acudiu a contarlles historias aos alumnos de Infantil do CEIP O Pombal para conmemorar o Día Internacional do Libro.

Álbum: Curso 2018/2019 -> Día do Libro no Pombal

Ilustracións científicas

     O 8 de abril, a que foi ata o curso pasado profesora de Bioloxía e Xeoloxía do noso centro, Manón Funes, impartiu unha excepcional charla ao alumnado de Debuxo Artístico I sobre o seu traballo como ilustradora científica. Nas imaxes podes ver algunhas das súas creacións:

Álbum: Curso 2018/2019 -> Ilustracións científicas

Fotos da visita a Braga

     O pasado 10 de abril un grupo de alumnado de Cultura Clásica e Latín visitou a fermosa  cidade de Braga. Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade:

Álbum: Curso 2018/2019 -> Braga 2019

Los personajes del Quijote: tradición y modernidad

          O venres día 26, o catedrático de Literatura española da Universidade de Vigo, especialista na literatura dos séculos XVI e XVII, director do Anuario “Hesperia” de Filoloxía Hispánica, Presidente de Honra (despois de presidila entre 2004 e 2012) da Asociación internacional de Cervantistas…, don José Montero Reguera, acudiu por terceira vez ao noso instituto para contarnos algunhas cousas das que tanto sabe sobre o inmortal libro de Cervantes.

Álbum: Curso 2018/2019 -> Los personajes del Quijote: tradición y modernidad

Fotos do intercambio co Lycée Gustave Eiffel

         O pasado mes de marzo un grupo de alumnado do noso IES visitou o Lycée Gustave Eiffel de Bourdeaux nun intercambio lingüístico que continuará coa chegada ao noso centro do alumnado francés. Aquí vos deixamos algunhas fotos da viaxe.

Álbum: Curso 2018/2019 -> Intercambio franco-español co Lycée Gustave Eiffel 2019

23 de abril de 2019. Día do Libro

          O mércores 24 de abril comezaron as actividades organizadas polo departamento de Lingua Castelá e Literatura para festexar o Día do Libro destinadas a un público moi variado, tal como reza o título xenérico nesta ocasión. Pódese ver o motivo dese título no programa, no que non se reflicten outras actividades que se desenvolven nas aulas, como, por exemplo, a lectura de fragmentos do libro favorito por parte do alumnado.

Distribuir contido