Outras actividades

Visita a Celanova, terra de Curros e Celso Emilio

O alumnado de 1º de bacharelato, 4º ESO PDC e Club de lectura tivo unha xornada moi especial neste 25 de abril. Acudiron ata Celanova, o que significou a décima visita do instituto.

A saída comezou coñecendo a vila de Vilanova dos Infantes, descubrindo a súa historia a través da Torre da Homenaxe, a virxe do Cristal e o museo dos zapateiros.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Saída a Celanova, terra de Curros e Celso Emilio

Visita de María Reimóndez

María Reimóndez visitou o IES Castelao para compartir tempo co club de lectura A pé de obra.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Club de lectura: Visita de María Reimóndez

Club de lectura con Andrea Maceiras

O pasado día 1 de febreiro a escritora Andrea Maceiras visitou o Club de Lectura "A pé de obra" do alumnado do IES Castelao.
 
Mantivo con todos os membros do club e algún alumnado que tamén leron optativamente algún título seu unha suxestiva conversa que xirou sobre o título Que me pare o corazón se te esquezo, aínda que tamén apareceron referencias no diálogo a O que sei do silencio e Nubes de evolución.
Álbum: Curso 2022/2023 -> Andrea Maceiras

Kiko da Silva visita o Club de Lectura

O pasado 11 de novembro celebramos o primeiro encontro do Club de Lectura do alumnado no presente curso 2022-23.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Kiko da Silva

Encontro con Arantza Portabales

IMG-20210323-WA0010.jpg

O 22 de marzo os grupos de lectura de 1 Bac A e B, por un lado, e Fe G por outro, participaron en senllos encontros con Arantza Portabales, autora de Beleza vermella, a novela escollida para o Club de Lectura no 2º trimestre.

 

Falamos coa autora de cómo xorden as historia e a desta novela en concreto, como prepara a trama, os personaxes, da presenza da arte na obra e doutros moitos aspectos sobre os que  preguntaron  os alumnos.

 

Foi un encontro moi ameno e interesante e ademais contounos unha primicia: en maio sairá unha segunda parte con Abad e Barroso como protagonista. 

XII Xornada dos Clubs de Lectura

XII Xornada dos Clubs de Lectura

O pasado 7 de xuño celebrouse a XII Xornada dos Clubs de Lectura. Coma outros anos, o Club de Lectura “A pé de obra” do noso instituto estivo presente  coa participación da súa coordinadora. Foi unha xornada moi interesante, onde se presentaron experiencias de distintos clubs de toda Galicia. Na conferencia inaugural, José Antonio Millán, autor dun informe sobre os Clubs de Lectura dos institutos galegos, destacou o  excelente funcionamento dos mesmos e considerounos “una auténtica escuela de ciudadanos”, pois o alumnado que participa mellora as destrezas comunicativas, as habilidades de pensamento e en comportamento no ámbito da igualdade e diversidade, o que repercute de xeito moi positivo, ademais, nos logros académicos.

Animamos ao noso alumnado a participar no noso Club no curso 2019-20

Álbum: Curso 2018/2019 -> XII Xornadas Club Lectura

Coñecendo a Castelao (2)

Despois da visita ás salas de exposición de Castelao no Museo de Pontevedra, os alumnos converteron en cómics algúns dos relatos pertencentes a Cousas. Velaquí algúns deles.

Álbum: Curso 2018/2019 -> Cómics Castelao

Encontro con Gonzalo Navaza

O 2 de maio Gonzalo Navaza tivo un encontro cos alumnos do club de lectura de 1º de Bacharelato  que, no mes de abril, leron a súa  obra Erros e tánatos. Comentamos co autor varios dos relatos e falounos de como xurdiron as historias, ás veces de simples anécdotas que lle sucederon na vida cotiá. Explicounos, ademais, algunhas das “regras” que empregan os autores  para escribir relato. Foi un encontro moi ameno no que animou aos participantes a escribiren os seus propios textos.

Álbum: Curso 2018/2019 -> Conferencia de Gonzalo Navaza

O noso Club de Lectura en miniatura

Con motivo do Día do Libro, Noelia Carollo, alumna pertencente ao noso club de lectura de 3º da ESO A, fixo unha maqueta do noso recuncho do Club de lectura con algúns dos "libros" lidos ata agora. Dámoslle as grazas por tan minucioso traballo.

 

Álbum: Curso 2018/2019 -> Exposición de libros en miniatura
Distribuir contido