Dinamización Lingua Galega

Regueifesta 2024

Este venres, alumnado de 1º ESO e 3º ESO acudiu ao XIV Certame Escolar de Regueifas do Concello de Vigo conducido polos inefables Pinto d’Herbón e Luís o Caruncho. En Valadares vivimos unha xornada festiva ben agradable, compartindo improvisación e enxeño con outros centros de Vigo. Todo o noso alumnado estivo xenial, e destacando, tivemos un alumno que pasou entre os 20 mellores, Gabriel Marcos García e outro, que quedou entre os catro finalista do certame, que foron os catro gañadores, Nicolás Rodríguez Barrio.

Parabéns rapaces!!!

 

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Regueifesta 2024

Visita a Celanova, terra de Curros e Celso Emilio

O alumnado de 1º de bacharelato, 4º ESO PDC e Club de lectura tivo unha xornada moi especial neste 25 de abril. Acudiron ata Celanova, o que significou a décima visita do instituto.

A saída comezou coñecendo a vila de Vilanova dos Infantes, descubrindo a súa historia a través da Torre da Homenaxe, a virxe do Cristal e o museo dos zapateiros.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Saída a Celanova, terra de Curros e Celso Emilio

Recitando na EOI

O 21 de marzo, Día da Poesía, o alumnado de 4º PDC xunto a tres alumnos que recitaron doutros cursos, acudimos ao salón de actos da EOI de Vigo para participar na celebración que organizaban. Desfrutamos do coro da escola, ademais de lecturas, con e sen acompañamiento musical, en diversos idiomas tanto de alumnado coma de profesorado da EOI. Pola nosa parte, Xaime de 2º ESO B recitou: _No meio do camiño_ e Gael de 4º ESO A e Germán de 4º ESO B recitaron: __Diremos_, poemas de Luísa Villalta. Foi unha xornada enriquecedora e algún alumnado interesouse por estudar outras linguas.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Día da poesía na EOI

Colaborando co barrio en prol do 8m

As colaboracións entre diferentes axentes culturais e sociais do barrio e o IES Castelao sempre son enriquecedoras. Desta volta polo 8 M, fomos convidades pola Biblioteca Neira Vilas a participar nun acto que se celebrou nas instalacións da sede central da EOI. Acudimos con alumnado de 1º ESO e as diferentes asociacións de Social Calvario como Érguete, Fundación do Secretariado Xitano, Asociación Down Vigo e un longo etcétera, xunto a nós, foron lendo os seus manifestos entorno á celebración do día da muller, con broche musical do coro do Centro Social Rivera Atienza. Para finalizar escribimos uns lemas e continuamos a celebración no noso centro.

Álbum: Curso 2023/2024 -> 8m na EOI

Visita da directora de cine Marta Eiriz

A directora e produtora de cine Marta Eiriz visitou o IES Castelao. Nun encontro co alumnado de 4º da ESO comentoulles cal era a situación actual do cinema galego e como as mulleres aínda sofren atrancos para ter as mesmas oportunidades ca os homes no sector. 

Tras a proxección do documental Elas, produtoras de cine estableceuse un foro aberto para resolver dúbidas e afondar no papel da muller na sociedade actual. Deste xeito, abordaron como é fundamental que producións coma esta acaden públicos diversos para rachar con determinadas dinámicas que non favorecen á igualdade. 

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita de Marta Eiriz (directora de cine)

Cinta Adhesiva visita o IES Castelao

Co gallo do día da muller, o xoves sete, tivemos a oportunidade de desfrutar da poesía e música de Cinta Adhesiva. Letras comprometidas e de gran calidade poética cunha posta en escena entre sombras e cores. Grazas por compartir con nós este traballo tan cheo de forza e matices!

 

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Espectáculo con Cinta Adhesiva

23f Día de Rosalía de Castro

Un 23 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Ela é o emblema de Galicia, a muller que conseguiu facer historia e, o máis importante, mudar o rumbo da historia. Xa coetáneos do seu tempo, coma Curros, lle dedicaban versos que describían a brillante figura que era: unha muller “que tiña na fronte unha estrela e no bico un cantar”.

Álbum: Curso 2023/2024 -> 23f Día de Rosalía de Castro

Imos ao teatro, á sala Ártika, ver Mosca

O alumnado de 2º de ESO acudiu á sala Ártika para gozar da representación de “Mosca” e descubrir en primeira persoa o significado da violencia e o acoso.
Tras a representación tiveron a ocasión de intercambiar opinións cos actores nun coloquio que consideramos realmente enriquecedor.

O Castelao xa está nas rúas do barrio coa campaña Aquí tamén se fala galego!!

O noso alumnado xa está espallando a campaña nas rúas da contorna do instituto, coñecendo ás e aos comerciantes e visibilizando a lingua. En breve teremos exemplos concretos deste bo facer.

 

 

Distribuir contido