Imos ao teatro, á sala Ártika, ver Mosca

O alumnado de 2º de ESO acudiu á sala Ártika para gozar da representación de “Mosca” e descubrir en primeira persoa o significado da violencia e o acoso.
Tras a representación tiveron a ocasión de intercambiar opinións cos actores nun coloquio que consideramos realmente enriquecedor.

 

Esta actividade enmárcase dentro do noso compromiso en erradicar o acoso escolar.