Dinamización Lingua Galega

Ondas do mar de Vigo. A literatura galega e a auga.

Charla impartida por Xurxo Martínez, filólogo, escritor e investigador da Universidade de Vigo,  celebrada en febreiro de 2015:

Xa se achegan as Letras Galegas... con Alonso Montero

  O pasado 19 de marzo, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, veu ao noso centro para dar unha conferencia sobre Xosé Filgueira Valverde, autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

Alonso Montero expuxo ante o alumnado de 2º de bacharelato a súa visión persoal sobre o eminente polígrafo homenaxeado nesta ocasión. Falounos da súa vida e obra literaria e investigadora, da época que lles tocou vivir aos dous e das experiencias compartidas na defensa da nosa cultura e lingua.

Se queres ver máis imaxes do acto, pica na foto.

2º ESO C e o entroido vigués

Pica na imaxe para ver as fotos. 

O pasado 10 de febreiro, os alumnos de 2º ESO C coñeceron, grazas a un obradoiro que se realizou no centro, o Merdeiro, un dos personaxes máis característicos do noso entroido. Ó final do obradoiro, algúns alumnos disfrazáronse de merdeiros.

Distribuir contido