Dinamización Lingua Galega

Recital AldaoLado

Preme para ver a foto ampliada

O 25 de febreiro no salón de actos do centro, as poetas María Lado e Lucía Aldao presentaron aos alumnos de 2º ESO A e B e a 4º ESO A un recital de poesía nun formato completamente diferente ao habitual. Combinaron o recitado de poemas propios con  música en directo e divertidas historias relacionadas coa súa actividade de poetas ou coa vida mesma.

Día de Rosalía 2016

 

Preme para ver a foto ampliada  

Un ano máis, celebramos no centro  o 24 de febreiro, día en que nace Rosalía de Castro en 1837, realizando diversas actividades co noso alumnado. Este ano, ademais do recitado de poemas nas aulas, os alumnos de 1º e 2º da Eso elaboraron colaxes e caligramas cos versos de “Adiós, ríos, adiós, fontes”, que expuxemos no vestíbulo.

Proxecto Recoméndoche un Libro

Preme na imaxe para acceder ao Proxecto que realizamos en colaboración coa EOI de Vigo e a Biblioteca Pública Neira Vilas.
Dentro deste proxecto está o concurso Ollo de Vidro ao que te invitamos a participar.

O Merdeiro vigués

 

P1050641.JPG

Coma outros anos, a principios de febreiro volveu visitar o noso centro o personaxe do entroido vigués por antonomasia: o merdeiro. Este curso foron os alumnos de 1º ESO C  os que asistiron á charla que Hadrián e Adriana, do EDNL do Concello de Vigo,  impartiron sobre a orixe, vestimenta  e as actividades propias deste personaxe.

Todo está nos libros... e Vigo tamén

O venres 27 de novembro os alumnos de 1º de bacharelato D participaron na actividade promovida polo EDL do Concello de Vigo  Obradoiro literario. Proxecto Vigo Literario. Tivo lugar no noso centro e foi guiada por Paulo Jablonski.

 Preme para ver a foto ampliada Se queres ver algunha imaxe da actividade pica na foto.

Sesión literaria sobre Cantares Gallegos

Charla impartida por Xurxo Martínez, filólogo, escritor e investigador da Universidade de Vigo , celebrada en maio de 2015:

É a última dunha serie de charlas que se impartiron no noso centro:

Revista escolar 2014-2015

Pica na imaxe ou aquí para acceder á edición dixital da nosa revista.

Ao fio dos libros. A historia das editoriais en Vigo.

Charla impartida por Xurxo Martínez, filólogo, escritor e investigador da Universidade de Vigo, celebrada en abril de 2015:

A relevancia de Vigo no Rexurdimento.

Charla impartida por Xurxo Martínez, filólogo, escritor e investigador da Universidade de Vigo,  celebrada en marzo de 2015:

Distribuir contido