Actividades (LGeL)

Certame Letras Galegas 2018

O gañador do 1º premio na modalidade de narrativa foi Samuel Fernández Torre de 4º ESO C.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Premio Letras Galegas 2018

Excursión ás minas de Fontao

 

O pasado 21 de maio os alumnos de 2º da ESO do IES Castelao e do IES Carlos Casares fomos de excursión ao poboado mineiro de Fontao, onde se desenvolve a historia do  libro Nº atómico 74. Acompañáronnos as nosas profesoras  e a autora da obra, Raquel Castro.

Alí ensináronnos a historia das minas de wolframio do poboado, para que se utilizaba, tanto nos séculos pasados como na actualidade, así como os distintos propietarios que tiveron ao longo do tempo: alemáns, franceses…  A autora explicounos en que se baseou para escribir o libro e aclarounos as dúbidas.

Tras visitar o poboado, fomos xantar a un parque a Vila de Cruces, onde nos divertimos moito ata a hora de marchar.

                                                                                      Lucía Pereira 2º ESO C

Álbum: Curso 2017/2018 -> Excursión a Fontao

Homenaxe a Mª Victoria Moreno

Entre as diversas actividades programadas no noso centro para celebrar o Día das Letras Galegas, o  alumnado  de 1º e 2º da ESO, dirixidos polas súas profesoras Esther, Isabel e Lorena, adicoulle unha pequena homenaxe a Mª Victoria Moreno  con lecturas, bailes e vídeo-poemas elaborados por eles mesmos. A actuación tivo lugar o 16 de maio no salón de actos.

Pica na imaxe para ver as fotos do acto.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Homenaxe a María Victoria Moreno

Serafín Marcos: "Unha historia de amor"

“Unha historia de amor”. Con este título o profesor Serafín Marcos presentounos un  espectáculo no que afondou  na figura de Mª Victoria Moreno. Serafín Marcos foi contando ao noso alumnado de 1º de bacharelato e 3º e 4º da ESO, a través de divertidas escenas, aspectos da vida e obra da autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. A actuación desenvolveuse  no salón  de actos do centro o 16 de maio.

Preme na imaxe para ver o ben que o pasaron no espectáculo.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Serafín Marcos. Unha historia de amor

Letras Galegas 2018: Mª Victoria Moreno

Este ano o Día das Letras Galegas adícaselle a María Victoria Moreno. Estremeña de nacemento pero  pontevedresa de adopción, chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, e axiña asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas. Isto permítenos definila como "galega de elección".

No vestíbulo do centro fixemos unha pequena exposición coa súa obra. Pica na imaxe para vela.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Letras Galegas 2018 María Victoria Moreno

Correlingua 2018

          O  día 16 de maio o alumnado de 4º da ESO fomos ao Correlingua, unha andaina dende o Concello até Castrelos. Xunto ao noso instituto tamén foron outros centros de Vigo. Cando estabamos todos reunidos, comezamos a camiñar e ao chegarmos ao parque escoitamos uns grupos de música moi bos e un manifesto a prol do galego. Despois desta experiencia o alumnado de cada instituto e CPI voltou a cadanseu centro.

Raquel Fernández Arias, 4ºESO B

Letras Galegas 2018

Coma todos os anos, o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, adicado no 2018 a Maria Victoria Moreno. Aquí vos presentamos o programa de actividades 

Certame das Letras Galegas 2018

Ata o 14 de maio podes participar neste certame. Clica na imaxe para consultar as bases.

Charla con Víctor Freixanes

O pasado 30 de abril o alumnado de 2º de bacharelato asistiu á conferencia impartida polo Presidente da Real Academia Galega, Víctor  Freixanes, sobre a súa obra Unha ducia de galegos.

A charla foi de moito interese para este alumnado, pois na obra, reeditada no 2017,   Freixanes entrevista a doce persoeiros do galeguismo  e da literatura que son obxecto de estudo  por parte dos nosos  alumnos no programa de 2º Bac. Segundo as  palabras do conferenciante,  o  seu  obxectivo era unir sobre o papel a xeración que aínda conservaba a memoria do século XIX, personificada na figura de Ramón Otero Pedrayo, coas vivencias máis inmediatas dos mozos do 68, daquela Carlos Casares ou Xosé Luís Méndez Ferrín.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Charla con Víctor Freixanes
Distribuir contido