Actividades (LGeL)

Saída a Celanova

O pasado 11 de maio os grupos de 1º bacharelato B e E, acompañados polas profesoras Ana, Lucía e Gloria, viaxaron  ata Celanova para coñecer a vida e obra  dos ilustres escritores nados nesta vila: M. Curros Enríquez e Celso E. Ferreiro.  Se queres ver algunhas fotos da viaxe, pica na imaxe. 

Ilustrando textos de Filgueira Valverde

Pica na imaxe para ver algunhas fotos dos traballos expostos no vestíbulo que os alumnos e alumnas de 1º ESO B realizaron ilustrando textos de Filgueira Valverde.

Charlando con Jaureguízar

Preme para ver a foto ampliada Como parte das actividades realizadas no centro para festexar o Día do Libro, o 22 de abril recibimos no noso instituto o escritor Santiago Jaureguízar, que veu  para falarnos dunha das súas novelas, A cova das vacas mortas, lida polo alumnado de 3º ESO no 2º trimestre.

Xa se achegan as Letras Galegas... con Alonso Montero

  O pasado 19 de marzo, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, veu ao noso centro para dar unha conferencia sobre Xosé Filgueira Valverde, autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

Alonso Montero expuxo ante o alumnado de 2º de bacharelato a súa visión persoal sobre o eminente polígrafo homenaxeado nesta ocasión. Falounos da súa vida e obra literaria e investigadora, da época que lles tocou vivir aos dous e das experiencias compartidas na defensa da nosa cultura e lingua.

Se queres ver máis imaxes do acto, pica na foto.

Homenaxe a Rosalía. 3ºPDC

Homenaxe a Rosalía no aniversario do seu nacemento. Participan os alumnos de 3º PDC. 

As mascotas de 2º ESO A e C

Os alumnos de 2º ESO A e C  faláronnos na clase de Lingua Galega das súas mascotas e animais favoritos. Se queres velos, pica na imaxe. Verás que curriños son.

 

Rosalía no IES CASTELAO

O 24 de febreiro de 1837 naceu Rosalía de Castro. Para conmemorar o nacemento da nosa poetisa máis  querida e admirada, instituíuse esta data como o  Día de Rosalía.

Simbad e os alumnos de 1º da ESO

O 25 de febreiro os alumnos de 1º da ESO reuníronse no salon de actos con Francisco Castro, autor de Chamádeme Simbad, un dos libros de lectura deste curso. O autor contoulles como se foi xestando o libro, a súa preocupación polo mal do Alzheimer e outros aspectos desta emotiva historia protagonizada por Paulo, Simbad o mariñeiro, e o seu avó, que pouco a pouco vai perdendo a memoria.

Ao final da charla, os alumnos preguntaron ao autor algunhas curiosidades sobre a novela e Castro asinou exemplares da súa obra para que os rapaces gardasen un recordo desta experiencia.

Pica na imaxe para ver máis fotos

2º ESO C e o entroido vigués

Pica na imaxe para ver as fotos. 

O pasado 10 de febreiro, os alumnos de 2º ESO C coñeceron, grazas a un obradoiro que se realizou no centro, o Merdeiro, un dos personaxes máis característicos do noso entroido. Ó final do obradoiro, algúns alumnos disfrazáronse de merdeiros.

Distribuir contido