Lingua Galega e Literatura

Letras Galegas 2017

Este ano adícase o Día das Letras Galegas  a Carlos Casares. O autor escollido  pola RAG  para a celebración da festa das nosas letras naceu no ano 1941 en Ourense e faleceu o 9 de marzo de 2002 en Vigo. Foi un extraordinario narrador e destacou igualmente como tradutor e xornalista.

Durante  o mes de maio, o Departamento de Lingua Galega e Literatura, en colaboración con outros departamentos do centro, organiza unha serie de actividades dirixidas a todos os alumnos.

Clica na imaxe para ver a programación.

Visita ao Museo de Pontevedra

museo1.jpg

O pasado 4 de abril, os alumnos de 3º PMAR e 3º ESO B e C visitamos o Museo de Pontevedra. Na segunda planta do Edificio Sexto puidemos ver a pintura de Ovidio Murguía de Castro, fillo da escritora Rosalía de Castro, e as dúas salas dedicadas á pintura e aos debuxos de Castelao, así como as máscaras deseñadas polo autor para a representación de Os vellos non deben de namorarse ou obxectos persoais, como as súas lentes.

Encontros con escritores: Iria Misa


          O venres día 31 marzo ás 9:40h un grupo de alumnos de 3º ESO fomos á biblioteca Xosé Neira Vilas para coñecer a Iria Misa e falar con ela, pois é autora do libro "Xa non estou aquí" que acabamos de ler.
 
         Antes de comezar, o seu marido, que tamén estaba alí, repartiu uns carteis con caras de persoas desaparecidas en Galiza e preguntounos que criamos que lles pasara. No caso das mulleres, o que nos pasaba pola cabeza eran violacións ou maltrato machista; no dos homes, suicidios ou simples desaparicións.

Conferencia de X. Alonso Montero

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

O pasado 2 de marzo, o alumnado de 1º de bacharelato asistiu no salón de actos do centro á conferencia impartida por D. Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, sobre o Banquete de Conxo.

Sicixia

Resultado de imaxes para sicixia

O alumnado de 4º da ESO asistiu o 15 de decembro ao pase da película Sicixia, do director Ignacio Villar

Sicixia narra a historia de amor entre Olaia, unha rapariga que «é a mesma encarnación da Costa dá Morte», e un técnico que chega ao lugar para gravar os sons do ambiente na zona. A película ten no ritual do namoramento a escusa para mostrar a forza da natureza e da cultura popular.

Cousas

CASTELAO_DEFINITIVO.jpg

Os alumnos de 2º e 3º da ESO asistiron o 14 de decembro á representación da obra  Cousas, baseada no texto homónimo de Castelao, autor que dá nome ao noso centro. A adaptación teatral dos relatos foi representada pola compañía de teatro Quinquilláns, cuxa  magnífica actuación emocionou a todo o  público.

 O  alumnado que asistiu á actividade foi agasallado pola Editorial Galaxia cun exemplar de  Cousas.

Finalistas IV Certame Relato da FANPA


Parabéns a Genoveva e Tais

   O IES CASTELAO quere felicitar as alumnas Tais González  e Genoveva Longueira, de 2º da ESO B, por quedaren finalistas no IV Certame de Relato Curto convocado pola FANPA, a Federación de ANPAS da provincia de Pontevedra. A este certame, que vai xa pola cuarta edición, presentáronse  máis de 700 relatos procedentes  dos  centros escolares de Galicia.

Pola terra de Curros

O pasado 30 de maio, o alumnado de 1º bacharelato A, E e 4º de PDC viaxou  ata Celanova para coñecer a vida e obra de dous ilustres escritores nados nesta vila: M. Curros Enríquez e Celso E. Ferreiro. Os alumnos estiveron acompañados polas profesoras Carme Liz e Gloria Paredes e, ademais, contamos coa compañía de Lucía Cerdeira, profesora do centro e titora de 1º Bac A ata xaneiro deste ano en que se xubilou.  Se queres ver algunhas fotos da viaxe, preme na imaxe. 

Manuel María visto por Manuel Veiga

Preme para ver a foto ampliada

O pasado día 19 de maio tivemos a sorte de contar no noso centro coa presenza de Manuel Veiga Taboada, xornalista e  premiado escritor que acaba de publicar varios libros sobre a figura de Manuel María. Da vida e obra deste autor faloulles aos nosos  alumnos de 2º da ESO.

Distribuir contido