Lingua Galega e Literatura

A louca historia de Galicia

   

     Os días 21 e 23 de febrero o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato asistiu á representación da obra “A louca historia de Galicia” na sala Ártika de Vigo.

     Esta  divertidísima comedia fai un percorrido polas orixes, costumes e tradicións da nosa  terra, dende os celtas ata a actualidade. Os alumnos, ademais de pasalo moi  ben, aprenderon algo máis sobre a nosa historia.

     O peza foi representada pola compañía Fulano, Mengano e Citano.

Ilustrámonos con Castelao

Para celebrar  que o 30 de xaneiro, Día da Ilustración, coincide coa data de nacemento de Castelao,  o equipo da biblioteca elaborou unha guía didáctica para coñecer máis a fondo a vida e obra do autor que dá nome ao noso centro. O alumnado do 1º ciclo da ESO traballou con ela a partir dos paneis expostos no vestíbulo. Pica na imaxe para ver as fotos.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Ilustrámonos con Castelao

O Pergamiño Vindel- Museo do Mar

O pasado 16 de xaneiro os alumnos de 1º de bacharelato B e D visitaron  no Museo do Mar de Vigo a exposición  titulada “Pergamino Vindel. Un tesouro en sete cantigas”. 

O alumnado, na primeira parte da visita, coñeceu aspectos sobre a sociedade da época medieval e  como se elaboraban os  pergamiños (materiais nos que se escribía, tintas, útiles  de escritura, quen os escribía…). Na segunda parte, aprendemos  aspectos da cultura  da época como a arte románica, instrumentos musicais e finalmente o pergamiño de Martín Códax coas sete cantigas de amigo e a súa música.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Visita ao Pergamiño Vindel

Vídeo da celebración das Letras Galegas

Podes ver na nosa canle de Youtube o vídeo que recolle algún dos momentos da celebración do Día das Letras Galegas 2017.

Entrega premios gañadores Certame Letras Galegas 2017


A semana pasada fixémoslle a entrega dos premios aos gañadores do Certame das Letras Galegas 2017. Os premios foron aportados pola ANPA do IES Castelao.

Gañadores do Certame das Letras Galegas 2017




MODALIDADE DE POESÍA

 
1º Premio: David Fernández Ferreiro, de 2º Bac D, por "Recordos na noite"
 

2º Premio: Hernán M. Comesaña, de 1º  Bac C, por “Faíscas da lira”.
 
Debido á calidade dos traballos presentados, o Xurado decidiu conceder nesta modalidade, ademais do 1º e 2º premio, un  accésit a María Álvarez, de 1º ESO A, por “Xa non quero lembrar”.
 
MODALIDADE DE NARRATIVA
 
1º Premio: Paula Estévez Casales, de 2º Bac A, por "Venus".
 
2º Premio: Tais González, de 3º ESO A, por "Na primeira viaxe".

PARABÉNS!

Letras Galegas 2017

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Entre as diversas actividades programadas no noso centro para celebrar o Día das Letras Galegas, o noso alumnado adicoulle unha pequena homenaxe a Carlos Casares, autor homenaxeado este ano na festa das nosas Letras, con lecturas e música.

 

Distribuir contido