Skip to Content

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR 2023-2024

13 de xullo

Publicadas as listaxes provisionais do FONDO SOLIDARIO de axudas para adquirir material escolar no taboleiro de anuncios, as persoas interesadas poden consultalas chamando ao teléfono do centro: 881 86 64 74

Tamén poderán consultar o estado e resolución da súa solicitude de axudas na aplicación fondo libros, no menú lateral cidadán accedendo con certificado electrónico ou chave 365.

Poderán reclamar ás listaxes provisionais o venres 14 e o luns 17 de xullo.

O proxenitor solicitante xa pode pasar a recoller o vale para adquisición de material. No caso de facelo o proxenitor non solicitante da axuda, deberá presentar autorización asinada polo proxenitor solicitante acompañada dunha fotocopia do DNI.

A listaxe definitiva de solicitudes admitidas para o fondo solidario de axudas para adquirir material escolar será publicada o 21 de xullo.

O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2023/24 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

 

19 de maio

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

Prazo de presentación: do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023 (este incluído)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

No caso de querer presentar a documentación persoalmente no centro, poderá solicitar cita previa no teléfono 881 86 64 74 co fin de axilizar a presentación.

 Resumo do procedemento

Orde do 10 de maio de 2023 (DOG)

Extracto da Orde do 10 de maio de 2023 (DOG)

Modelos de solicitude: Anexo I -Anexo II

Máis información:

Anuncio ao alumnado

Axudas libros de texto e material escolar

Educación abre o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario da Xunta

Procedemento ED330B - Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.



page | by Dr. Radut