CP_Innova
CHARLA E OBRADOIRO SOBRE INFORMÁTICA VISUAL
Enviado por luz o Ven, 02/06/2023 - 08:47O pasado martes 30 de maio, Eva Cernadas, profesora da da área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial Na USC estivo no centro impartindo dúas actividades:
- A charla "Por que "nacín" enxeñeira?, dentro do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” co alumnado de TIC I e Tecnoloxía e Enxeñaría I.
- O obradoiro "Informática visual na Medicina e Bioloxía" co alumnado de 1º ESO B.
Desde o IES de Brión queremos agradecer unha vez máis a Eva a súa labor divulgativa amosando a relación da ciencia e tecnoloxía coa vida cotiá, a través das aplicacións informáticas que desenvolveu no seu grupo de investigación e aproximándonos a referentes femininos, moitas veces descoñecidos no mundo da enxeñaría.
2º PREMIO NA 6ª COMPETICIÓN DE ROBOTS
Enviado por luz o Sáb, 22/04/2023 - 22:44Alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO participou o venres 21 de abril na 6ª Competición de Robots convocada pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.
Ata 600 participantes distribuidos en máis de 100 equipos de toda Galicia competiron nas probas propostas na fase Be-robot correspondente a ESO e Bacharelato.
O alumnado participou na categoría 3º- 4º de ESO na que competían 48 equipos, quedando seleccionados nunha 1º fase clasificatoria que deu paso a unha final dos 12 mellores equipos da categoría. Despois de moitas probas e axustes de programación, o equipo Brión 1 conseguiu unha estupenda 2ª posición na final, conseguindo reducir os tempos nas probas e sortear os obstáculos.
Parabéns polo traballo de grupo e perseveranza.
"600 alumnos de toda Galicia invaden o campus de Vigo con robots" Atlántico, 22/04/23
"Ate 600 estudantes participarán na VI Competición de robots da Escola de Enxeñería Industrial" Código Cero 14/04/23
VISITA AO CITIUS
Enviado por luz o Xov, 16/03/2023 - 00:23Alumnado de 1º de Bacharelato visitou o CITIUS o pasado venres 10 de marzo, asistindo a presentacións impartidas polos seguintes investigadores en diferentes temáticas TIC punteiras:
|
|||||||||||
VISITA Á AULA NEWTON
Enviado por luz o Mér, 25/01/2023 - 21:20Alumnado de 1º de Bacharelato acudiu o pasado 20 de xaneiro á Áula Newton, para desenvolver a actividade: "Voamos con números, unha aventura aérea", na que planificaron os seus propios voos, realizando cálculos matemáticos con unidades, distancia, velocidade e tiempo, para aprender a manexar correctamente a navegación e cumpriron unha misión empregando simuladores de voo avanzados.