Proxecto Voz Natura
FAVORECENDO A RECICLAXE DA MATERIA
Enviado por admin o Lun, 09/01/2012 - 10:14O martes 20 de decembro o alumnado de 4º de ESO encargado da horta ecolóxica comezou o proceso de elaboración de compost a partir de restos orgánicos, co obxectivo de ter un abono adecuado para os cultivos, ademais de demostrar deste xeito o que se pode facer co lixo orgánico favorecendo o proceso natural de reciclaxe da materia.
Utilizando un composteiro instalado por eles a tal efecto, foron colocando ramas no fondo e despois capas de follas e herba e de residuos domésticos de xeito alternativo.
Se todo vai ben, dentro de uns meses teremos un excelente (e barato) abono ecolóxico.
SEMENTAR, SEMENTAREI ...
Enviado por admin o Lun, 09/01/2012 - 10:10A partir da 3ª semana de decembro, estívose a facer a sementeira de landras de carballo e outras sementes de árbores actóctonas con alumnado de todos os cursos da ESO e máis de de bacharelato.
Reutilizando recipientes que foron traendo das súas casas os alumnos e alumnas do IES, levaron a cabo esta tarefa, deeixándoos logo no invernadoiro.
Esperamos que en breve agromen as plantiñas e teñamos bos exemplares para facer a repoboación!
INVERNADOIRO: PRESENTACIÓN DO ALUMNADO QUE VAI DESENVOLVER O PROXECTO: REALIZACIÓN DUN PEQUENO HORTO DE CULTIVO ECOLÓXICO.
Enviado por Anónimo o Ven, 18/11/2011 - 13:07O alumnado que se vai encargar do proxecto de realizar un pequeno horto ecolóxico no invernadoiro está a cursar 4º de ESO. Trátase dun grupo de 10 estudantes e estes son os seus nomes:
Adrián Amor, Thalia Bustelo, Jacobo Esparís, Victoria Fernández, Julián Fontáns, Jorge Garabal, Alba Lamas, Adrián Noya, Raquel Quiñoy e Celeste Tojo.
CREACIÓN DUN ESPAZO ARBÓREO AUTÓCTONO. PRIMEIROS PASOS
Enviado por admin o Dom, 23/10/2011 - 21:43
O venres 5 de novembro levouse a cabo a primeira fase do proxecto que se vai desenvolver durante este curso, incluído no programa Voz Natura |