Proxecto Voz Natura

COMO MEDRAN AS LEITUGAS!!

Enviado por Anónimo o Xov, 19/04/2012 - 09:36
COMO MEDRAN AS LEITUGAS!!

Preme na foto para vela ampliada

IMAXE DA PLANTACIÓN Á VOLTA DE SEMANA SANTA

Enviado por Anónimo o Xov, 19/04/2012 - 09:34
IMAXE DA PLANTACIÓN Á VOLTA DE SEMANA SANTA

Preme na foto para vela ampliada

VISTA XERAL DA NOVA ZONA DE PLANTACIÓN

Enviado por Anónimo o Xov, 19/04/2012 - 09:30
VISTA XERAL DA NOVA ZONA DE PLANTACIÓN

Dúas semanas despois de transplántalas as novas leitugas empezan a medrar.

Preme na foto para vela ampliada

VISTA XERAL DA PLANTACIÓN

Enviado por Anónimo o Ven, 30/03/2012 - 09:51
VISTA XERAL DA PLANTACIÓN

Despois de semana santa plantaremos fresas e patacas nunha nova zona que prepararemos.

Preme na foto para vela ampliada

TRANSPLANTANDO AS LEITUGAS

Enviado por Anónimo o Ven, 30/03/2012 - 09:49
TRANSPLANTANDO AS LEITUGAS

Transplantamos as leitugas que naceran moi xuntas a outra zona do invernadoiro que previamente limparamos de malas herbas.

Preme na foto para vela ampliada

FOTOS DOS ÚLTIMOS TRABALLOS NO INVERNADOIRO

Enviado por Anónimo o Ven, 30/03/2012 - 09:41
FOTOS DOS  ÚLTIMOS TRABALLOS NO INVERNADOIRO

Esta semana completamos a plantación cunha nova pranta de tomate e outra de pemento.

Debido a calor que está a facer, tivemos que regar ben toda a plantación

Preme na foto para vela ampliada

TOMATES E PIMENTOS

Enviado por Anónimo o Dom, 25/03/2012 - 18:18

Este mércores 21 de marzo, tres dos integrantes do grupo, Adrián Amor, Adrián Noya e Julián Fontáns, plantaron 3 plantas de tomates e 1 de pimento verde.

A semana vindeira esperamos plantar outras dúas de pimentos.

As plantas transplantadas hai pouco máis dunha semana están comezando a medrar a bo ritmo.

TRANSPLANTANDO DOS TESTOS ÁO CHAN

Enviado por Anónimo o Ven, 16/03/2012 - 13:18

Este martes 13 de marzo fixemos o transplante das leitugas e dos chícharos que tiñamos sementando nos testos áo chan. As leitugas non medraran moito pero os chícharos xa pasaban  dos 30 cm.

Para comezar, cavamos un pouco a terra do chan para que as raices das prantas non a atopasen moi compactada. A continuación engadimos por enriba terra nova e finalmente procedimos a pasar as plantas  a esta terra. Aproveitamos para plantar cebolas e botamos algunha semente máis de leitugas. Botamos tamén arredor de cada planta unha pequena cantidade de humus de lombriz. Finalmente, regamos  todo.

Proximamente, engadiremos algunha foto do aspecto co que quedou a plantación.

EN COLABORACIÓN. EFECTO INVERNADOIRO

Enviado por admin o Sáb, 14/01/2012 - 14:32

Un grupo de alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato fai unha demostración do efecto invernadoiro para o alumnado de 1º de ESO. Foi nos dous recreos do día 12 de xaneiro, medindo a temperatura no exterior e no interior do noso propio invernadoiro. O alumnado de Bacharelato aproveitou para explicar ao de ESO o problema do efecto invernadoiro a nivel planetario... Un problema grave, de certo. Que podemos facer dende o instituto para contribuir a evitalo?


E SEGUIMOS SEMENTANDO...

Enviado por admin o Lun, 09/01/2012 - 10:16

A día 21 de decembro seguimos ca sementeira, pero agora trátase de chícharos, cebolas e leitugas (dúas variedades).
A horta ecolóxica está en marcha; boa sorte!

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.