Novas

JUVENES TRANSLATORES

Este ano 2016, o IES de Brión volve participar no concurso anual de tradución convocado pola Comisión Europea para promover a aprendizaxe  das linguas da UE e o entendemento entre culturas, no que a tradución xoga un papel central.

Haberá un ganador entre os nosos cinco concursantes? Saberémolo en febreiro. Sorte!

Para máis información:

http://ec.europa.eu/translatores/index_es.htm

https://www.facebook.com/translatores

Save

PROCESO ELECTORAL DE RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

As votacións para a elección dos representantes do alumnado no Consello Escolar celebráranse o vindeiro 23 de novembro a partir das 10:25 horas nas clases respectivas de cada grupo, a mesa de votación irá a cada grupo para que podan exercitar o seu dereito o voto.
As votacións para a elección dos representantes dos pais/nais no Consello Escolar celebráranse o vindeiro 23 de novembro. A mesa de votación estará colocada na entrada do IES de Brion de 18:00 a 21:00 horas.

Listaxe de candidatos ao Consello Escolar

A xunta electoral acordou a ampliación do prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar para todos os sectores educativos ata o venres día 19 de novembro ás 12:00 horas

No documento adxunto preséntase o calendario do proceso electoral de renovación parcial do Consello Escolar, do cal se destacan as seguintes datas:

7-15 de novembro Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores na Secretaría do Centro
Reclamación ao censo
17-18 novembro Reclamacións á proclamación de candidatos
19-novembro Resolución reclamacións
23-novembro VOTACIÓNS:
Profesorado.
Alumnado: Pola mañán nas clases
Pais/Nais: Pola tarde a partir das 18:00 horas ata as 21:00 horas
P.A.S.: Ás 14:00 horas

24-novembro

Proclamación e publicación de candidatos electos

O IES DE BRIÓN PRESENTE EN GALICIENCIA

Os días 16, 17 e 18 de novembro os alumnos de 2º de Bacharelato Lois Meira López e Christian Capeáns Pérez presentan o proxecto "Autómatas con capacidade de aprendizaxe" en Galiciencia 2016.

 

Galiciencia, a maior feira científica de Galicia, reune estes días en San Cibrao das Viñas (Ourense) un importante número de traballos de investigación e innovación desenvolvidos por estudantes de todas as idades.

Galiciencia é unha iniciativa de Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia).

Estar presentes nesta mostra supón para este proxecto, para o alumnado implicado, e para o centro educativo no seu conxunto, un novo recoñecemento logo do éxito acadado o pasado curso en DesafioSTEM. É ademáis unha oportunidade para compartir experiencias con outros centros nos que tamén se están a desenvolver metodoloxías de traballo que promoven os talentos e intereses do alumnado.

A nova en Código Cero

A nova en La Región (vídeo)

Galiciencia 2016 en Cadena Ser, no min 4:14 podemos escoitar aos alumnos do IES de Brión

Galiciencia en Telemiño (vídeo)

Galiciencia na páxina da FECYT

Save

Save

Save

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O 25 de outubro iníciase o proceso para a renovación parcial dos representantes no Consello Escolar do noso centro. Nesta convocatoria teremos que renovar tres representantes do profesorado, dous dos pais/nais, titores ou representantes legais do alumnado, máis un representante da ANPA, catro representantes do alumnado e un representante do persoal non docente. Teremos que elixir tamén o mesmo número de suplentes.


O día 27 de OUTUBRO, ás 12:05 horas, no despacho de DIRECCIÓN, terá lugar o sorteo público dos integrantes da Xunta Electoral: un profesor/a, un pai/nai, un alumno/a e un membro do persoal non docente. Elixiranse tamén os posibles suplentes. A continuación enviaranse as citacións para a constitución da Xunta Electoral que, baixo a presidencia do Director do centro, velará e coordinará todo o proceso.

Dende o equipo directivo animámosvos a presentar as vosas candidaturas e a que participedes na votación.

MODIFICACIÓN DO TELÉFONO DO INSTITUTO

Modifícase o número de teléfono do instituto. 

Novo teléfono do IES de Brión: 881 866058

O PROGRAMA DE TITORIZACIÓN NOS MEDIOS

O pasado 11 de outubro o xornal "La Voz de Galicia" publicou unha nova sobre o programa de titorización en 1º e 3º de ESO que se desenvolve no centro dende hai dous cursos. Preme na imaxe para acceder á nova.

nova_titorizacion

Os informativos de Telecinco gravaron no centro a alumnado participante no programa. Pódese ver a partir do minuto 20:00 na seguinte ligazón:

http://www.telecinco.es/_869f3294

Os informativos de cuatro tamén reflicten a nova. Podes velo na seguinte ligazón:

http://www.cuatro.com/_869f323d

Save

Save

Save

Save

PRESENTACIÓN ALUMNADO DO CURSO ESCOLAR 2016/17

O día de presentación do curso e recepción do alumnado por parte dos titores será o Xoves 15 de setembro de 2016.

Levarase a cabo en tres quendas:

1º de ESO (porta principal)
2º de ESO (porta patio)
de 11:15 a 12:15
1º e 2º de Bacharelato   (porta principal) de 12.00 a 12.45
3º de ESO (porta principal)
4º de ESO (porta patio)
de 12:30 a 13:15

Nota: Hai transporte escolar

O día 16 xa haberá clases con normalidade

ENTREGA DE NOTAS (SETEMBRO 2016)

A entrega de notas para o alumnado de 2º de bacharelato terá lugar o vindeiro luns 5 de setembro ás 12:00 horas.

A entrega de notas para o alumnado de ESO e 1º de bacharelato terá lugar o vindeiro mércores 7 de setembro ás 11:00 horas.

Na entrega de notas recolleranse os libros de texto (obrigado para aqueles que teñan solicitado fondo de libros ou axudas).

Resolución por la que se convocan ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2016-2017

Resolución de la Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, por la que se convocan ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2016-2017

WEB: http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/050140/ficha/050140-2016.html

APLICACIÓN ON LINE: https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=748

Prazo ata o 29 de setembro.

Máis información nos arquivos adxuntos.

Distribuir contido