Iº Campionato de Cubo de Rubik do IES de Brión

header


A biblioteca escolar Roberto Vidal Bolaño e o Departamento de Normalización Lingüística do instituto organizan o 1º Campionato de Cubo de Rubik IES de Brión. Unha ocasión para que todas e todos as/os apaixoadas/os deste xogo poidan demostrar as súas habilidades resolvendo este mítico quebracabezas que seduce a persoas de todas as idades dende hai décadas.

Se estás interesada/o en participar, inscríbete o antes posible no cartel que atoparás exposto no recibidor do centro. Tamén podes facelo na biblioteca, onde atoparás máis información sobre esta convocatoria. Anímate e participa. Haberá interesantes premios para o/a gañador/a.