Guía de novidades de outono

O outono trae á biblioteca escolar novidades bibliográficas que desexamos presentar. Nesta ocasión trátase dunha selección de títulos onde destacan por igual novelas, libros de poesía e ensaio. Sen esquecer unha interesante recompilación de biografía sobre mulleres cientificas que cos seus descubrimentos cambiaron o mundo. De seguido unha mostra, a xeito de guía de lectura, para que ti tamén descubras as novidades de outono da biblioteca.

Camiños na auga / Manuel Núñez Singala

Galaxia, 2017

Cuberta
Todos somos diferentes ou todos somos iguais? Esa é a pregunta sobre a que se artella unha historia que intenta reformular a ficción da "diferenza" contrapoñéndoa á igualdade proclamada nos inicios da Idade Moderna pola Ilustración e a Revolución Francesa (a Europa actual). Núñez Singala escribe unha novela de iniciación situada na África poscolonial: a peripecia do protagonista, que busca a liberdade e o fai a través dunha viaxe iniciática, é o motivo que se desenvolve e mediante o cal o autor expón unha versión posmoderna da subxectividade, exemplificándoa nun caso de ambigüidade extrema, o dun individuo
—Szymo— cuxa identidade contradí as súas características físicas.

Materias: 1. Viaxes-Novelas. 2. Aventuras-Novelas. 3. Emigración e inmigración-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua galega : GAL-N / NÚÑ / cam

Outra idea de Galicia / Miguel-Anxo Murado

Debate, 2018

Cuberta
Esta é a esperada versión galega, preparada e actualizada polo autor, dun libro pensado inicialmente para explicarlles Galicia aos non galegos, pero que axiña se converteu nun texto de referencia dentro do propio país. Nel, o escritor Miguel-Anxo Murado, constrúe unha particular "teoría de Galicia", utilizando os recursos do libro de viaxes, a crítica literaria, a xeografía ou a historia. Cun estilo irónico pero apaixoado, o autor vai diseccionando os tópicos acumulados sobre o país, tanto polos seus visitantes como polos propios galegos, para intentar descubrir e explicar o que caracteriza e distingue a Galicia.

Materias:  1. Galicia-Historia. 2. Identidade colectiva-Galicia

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-316 / MUR / out

La mecánica del corazón / Mathias Malzieu 

Debolsillo, 2017

Cuberta

Na noite máis fría do século XIX, nace en Edimburgo Jack, o fráxil fillo dunha prostituta. O bebé nace cun corazón débil e para salvalo colócanlle un reloxo de madeira ao que haberá de dar corda toda a súa vida. A prótese funciona e Jack sobrevive, pero debe respectar unha regra: evitar todo tipo de emoción que poida alterar o seu corazón. Nada de enfados, e sobre todo, nada de namorarse. Pero Jack coñece a unha pequena cantante de ollos grandes, Miss Acacia, unha moza andaluza que poñerá a proba o corazón do noso tenro heroe. Polo amor que sente cara á moza, Jack lanzarase a unha aventura quixotesca que o levará desde Edimburgo a París, ás rúas de Granada, facéndolle coñecer as dozuras e durezas do amor.

Materias: 1. Mundos fantásticos-Novelas. 2. Amor-Novelas. 3. Escolas-Novelas. 4. Nenos-Novelas. 5. Violencia-Novelas. 6. Personaxes con discapacidade física-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua castelá : LES-N / MAL / mec

Kusuma / Héctor Cajaraville

Xerais, 2018

Cuberta

Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia.Pero alí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida.''Kusuma'' é unha historia de aventuras, de cooperación, de superación e de amizade; un exemplo de como os prexuízos con que ás veces nos enfrontamos ao descoñecido son o camiño máis enganoso e máis inxusto para tratar de entender o mundo.

Materias: 1. Amizade-Novelas. 2. Inmigrantes-Novelas. 3. Superación-Novelas. 4. Animais-Novelas. 5. Aventuras-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua galega : GAL-N / CAJ / kus

Aplicación instantánea / Carlos Negro 

Xerais, 2018

Cuberta

Con Aplicación instantánea, a poesía conecta de modo inmediato co sistema operativo das túas emocións. Se decides descargar este programa no teu menú de lecturas, terás acceso ilimitado ao universo afectivo de catro avatares que entran na vida co furor da irreverencia: contra a orde exacta dos armarios, contra o balbordo das atraccións de feira, contra o monocultivo cerebral dos eucaliptos, contra a ferruxe dos discursos que ignoran o movemento das dunas.

Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2018

Materias: 1. Poesía

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua galega : GAL-P / NEG / apl

A balada dos unicornios / Ledicia Costas

Xerais, 2018

Cuberta

A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes.Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos.Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.

Materias: 1. Amor-Novelas. 2. Fantasía-Novelas. 3. Ciencia ficción-Novelas. 4. Mulleres-Novelas. 5. Crimes-Novelas. 6. Seres fantásticos-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua galega : GAL-N / COS / bal

Mujeres de ciencia : 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo / escrito e ilustrado por Rachel Ignotofsky

Nordica - Capitán Swing, 2018

Cuberta
Este fascinante libro pon de relevo as contribucións de cincuenta mulleres notables aos campos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas, desde o mundo antigo ata os nosos días.
Entre as pioneiras incluídas nesta obra, están figuras coñecidas, como  Marie  Curie e Jane  Goodall, e outras non tan coñecidas, como Rachel  Carson, que xa a comezos do século  xx advertía sobre os efectos nocivos dos pesticidas no medio ambiente e da crecente contaminación.
Esta colección de historias apaixonantes tamén contén infografías sobre temas relevantes como equipos de laboratorio, taxas de mulleres que traballan en campos relativos á ciencia e un glosario científico ilustrado.
Mulleres de ciencia celebra os logros das intrépidas mulleres que achandaron o camiño para as próximas xeracións de mulleres enxeñeiras, biólogas, matemáticas, médicas, astronautas, físicas…


Materias: 1. Científicas-Biografías

Dispoñible na sección de biografías: B / IGN / muj

Besta do seu sangue / Emma Pedreira

Xerais, 2018

Cuberta
Besta do seu sangue relata, con grande orixinalidade, unha historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romasanta desde unha visión que propugna unha revisión de xénero. Disposta como un conxunto fluído de microunidades narrativas, na novela conviven os rexistros culto e coloquial para vencellar as voces partícipes da historia e da creación do mito nacido arredor da persoa que foi considerada a primeira asasina en serie da nosa historia. A obra supón unha proposta transgresora e fragmentaria que se caracteriza por esa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros para abordar o tema da licantropía desde unha perspectiva de xénero. Narrada desde unha linguaxe poética, ao longo das páxinas desta excelente novela, salienta unha atmosfera de desacougo e angustia para abordar o tratamento dun personaxe que bebe das fontes cultas, mitolóxicas e populares galegas para reavivar a figura do lobo e a súa convivencia co ser humano.
Premio Xerais de Novela, 2018


Materias:  1. Fantasía-Novelas. 2. Asasinos-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua galega : GAL-N / PED / bes

Mamá, quero ser Ziggy Stardust / Iria Misa

Xerais, 2018

Cuberta Aine contaba nove anos a primeira vez que viaxou cos seus pais de vacacións. Naqueles días, ademais de percorrer a cidade, visitaron unha exposición. Era sobre unha estrela de rock que mudaba de aspecto coma os camaleóns. Un arreguizo estraño percorreulle o corpo cando se fixou na roupa que vestía, pois non soubo se era de home ou de muller. Emocionouse ao ver que tiña o cabelo roxo, tan semellante ao seu. Escoitou aquela canción que falaba dun extraterrestre que só quería cantar e bailar e tivo unha revelación: Aine, de maior, sería igual que Ziggy Stardust, un músico marciano que podía ser todo o que lle dese a gana. Coa axuda de Thomas, o seu inseparable amigo imaxinario, íao lograr.

Materias: 1. Vida cotiá-Novelas. 2. Autoestima-Novelas. 3. Bowie, David-Novelas. 4. Educar na igualdade-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua galega : GAL-N / MIS / mam

O que sei do silencio / Andrea Maceiras

Xerais, 2018

Cuberta «Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans do meu irmán Iago. Diso vai este blog que acabo de abrir. Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e da covardía. Isto é o que sei do silencio.»"O que sei do silencio" é o relato estremecedor de como Delia se converteu en acosadora pasiva dunha rapaza inocente de 3º da ESO. Historia inspirada libremente nun suceso real, afonda dende voces diversas na xénese, desenvolvemento e consecuencias dun caso de acoso escolar. Unha novela necesaria que achega azos a todas aquelas persoas que ignoran o silencio e se fan fortes a si mesmas e ás demais a través das palabras.

Materias: 1. Acoso moral na escola-Novelas. 2. Blogs-Novelas. 3. Culpabilidade-Novelas. 4. Homofobia-Novelas. 5. Violencia contra as mulleres-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua galega : GAL-N / MAC / oqu

Nueva historia de la Revolución Rusa/ Sean McMeekin

Taurus, 2017

Cuberta

A fe no marxismo- leninismo inspirou a millóns de persoas no século  XX, e o espectro do comunismo aterrou a outros millóns máis. Mesmo hoxe, un cuarto de século despois da caída da Unión Soviética, o legado de Lenin perdura. O Partido Comunista aínda goberna en China. Na península de Corea, a Guerra Fría négase a morrer. O Occidente "capitalista" viu un rexurdimento da fe marxista como consecuencia da crise mundial de 2008, apenas unha xeración despois de que a necrolóxica de Marx parecese estar escrita na caída do muro de Berlín.
Sean McMeekin recrea  vívidamente a atmosfera de 1917, e explica o que realmente pasou en Rusia baixo a presión da guerra mundial. Lonxe do "conflito de clases" da lenda marxista, a Revolución xurdiu a partir dunha particular mestura rusa demagoxia política, motín, furia popular e, non menos importante, incompetencia do goberno. Aproveitando a agonía de Rusia, embolsando subsidios alemáns mentres se defendían das acusacións de traizón, Lenin e os bolxeviques puxéronlle o seu selo propio de fanatismo á Revolución, tomando o poder e ditando decretos dirixidos a abolir calquera tipo da propiedade privada.

Materias: 1. Rusia-Historia-1917-1921 (Revolución)

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-94 / MAM / nue

Lenin : una biografía / Robert Service

Siglo XXI de España, 2017

Cuberta

Como  Vladímir  Ilich  Uliánov chegou a ser Lenin? Aínda que a figura de Lenin como encarnación do espírito da revolución soviética e como político colosal está moi estendida, o certo é que a súa fascinante vida, o Lenin home, segue sendo un misterio.
Facendo uso de arquivos desvelados tras a disolución da Unión Soviética, o prestixioso historiador Robert Service escribiu unha biografía sobre este controvertido personaxe na que se  ensambla tanto a vida pública como a privada, ofrecendo o primeiro e máis completo retrato de Lenin.
"Lenin. Unha biografía" vai máis aló da reconstrución da súa figura; supón a mellor narración do  vórtice que foi o contexto político e social da Rusia revolucionaria.

Materias: 1. URSS-Historia-1939-1945. 2. Rusia-Historia-1917-1921 (Revolución). 3. Lenin, Vladimir Il'ich-Biografías

Dispoñible na sección de biografías: B / LEN / ser