Guía de lectura: Novidades de maio

Maio, mes das nosas Letras, irrompe na  biblioteca cunha exposición bibliográfica que celebra a vida e obra de Mª Victoria Moreno, figura homenaxeada no Día da Letras Galegas deste ano. Tamén ven acompañado de novas incorporacións á colección, onde imos prestar especial atención ao xénero da BD. De seguido, una pequena visita guiada polo expositor de novidades da biblioteca escolar.

Filosofía en viñetas / texto de Michael F. Patton y Kevin Cannon

Debolsillo, 2018

Cuberta Michael  F.  Patton e Kevin  Cannon lévannos neste ensaio gráfico a percorrer máis de dous mil cincocentos anos de pensamento e reflexión. Da man dos maiores filósofos de todos os tempos, desde a antiga Grecia ata os nosos días, e dun modo ameno, orixinal e divertido, penétrannos nas sempre cambiantes e apaixonantes augas da lóxica, a epistemoloxía, a ética e a metafísica.

Materias: 1. Banda deseñada. 2. Filosofía-Cómics. 3. Cómics divulgativos

Dispoñible na sección de Banda Deseñada: COM / PAT / fil

La Guerra Civil española / Paul Preston ; guión e ilustraciones de José Pablo García

Debate, 2018

Cuberta

"La Guerra Civil española" de Paul  Preston, un dos hispanistas de maior prestixio internacional, é un dos textos de referencia sobre o conflito que arrasou España entre 1936 e 1939 e que marcou o resto do século XX. Ao reconstruír a complexa trama do enfrontamento bélico con precisión e lucidez, constitúe un libro imprescindible á hora de abordar a violenta realidade que viviu este país. Agora, cando se cumpren oitenta anos do golpe de estado que desencadeou a guerra, o historietista José Pablo García adapta o libro de Preston ao formato BD ofrecéndonos unha historia en imaxes que pretende aproximar ás novas xeracións ao relato común daquela traxedia colectiva, pero sobre todo contribuír a preservar a memoria do que ocorreu, algo esencial para o exercicio cotián da democracia.

Materias:  1. Banda deseñada. 2. Guerra civil española, 1936-1939-Cómics 3. Guerra-Cómics. 4. Historia-Cómics

Dispoñible na sección de Banda Deseñada: COM / GAR / gue

En Italia son todos machos / guión, Luca De Santis ; dibujo, Sara Colaone

Norma, 2011

Cuberta

Cando Mussolini anunciou que en Italia eran "todos machos" empezou o calvario dos homosexuais naquel país. En ausencia de regulación legal, o goberno fascista debía decidir que facer con eses cidadáns "inexistentes". Optouse polo confinamiento en illas. Sen xuízo e sen cometer ningún delito, centos de homosexuais foron desterrados entre 1938 e 1943. Cando todo acabou, ninguén volveu falar deste episodio que caeu no esquecemento. De Santis e Colaone fálannos de fascismo, hipocresía, amizade e escándalos mediante a historia de Rocco, un mozo documentalista que investiga sobre o pasado dos homosexuais en Italia. 

Materias: 1. Banda deseñada. 2. Homosexualidade-Cómics. 3. Recordos-Cómics. 4. Dictadura-Cómics. 5. Historia-Cómics. 6. Italia-Historia-Cómics

Dispoñible na sección de Banda Deseñada: COM / DES / eni

La anciana que nunca jugó al tenis y otros relatos que sientan bien / escrito por Zidrou

Norma, 2014

Cuberta

Unha anciá que vive en soidade coas súas mascotas, a intimidade compartida por unha parella, os soños de adolescencia, proxectos frustrados... Relatos nos que atopamos personaxes cotiáns pero con grandes historias que contar, historias moi diversas, todas guiadas polo fío da morte e do amor. Do cativador debuxo de Jordi Lafebre (Lydie), que abre e pecha o percorrido, ás provocativas escenas de Homs e o estilo cartoon de Esther Gili, cada páxina demostra que os autores de cómic nacionais teñen moito que dicir.

Materias: 1. Banda deseñada. 2. Vida cotiá-Cómics

Dispoñible na sección de Banda Deseñada: COM / ZID / anc

Mujeres y poder : un manifiesto / Mary Beard 

Crítica, 2018

Cuberta

Mary Beard non é só a clasicista máis famosa a nivel internacional; é tamén unha feminista comprometida e como tal maniféstase asiduamente nas redes sociais. Neste libro amosa, con ironía e sabedoría, como a historia tratou ás mulleres e aos personaxes femininos poderosos. Os seus exemplos van desde o mundo clásico ata o día de hoxe, desde Penélope, Medusa ou Atenea ata Theresa May e Hillary Clinton. Beard explora os fundamentos culturais da misoxinia, considerando a voz pública das mulleres, as nosas suposicións culturais sobre a relación das mulleres co poder e canto se resisten as mulleres poderosas a ser sometidas a un patrón masculino. 

Materias: 1. Mulleres-Historia. 2. Feminismo

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-141 / BEA / muj

Morder la manzana : la revolución será feminista o no será / Leticia Dolera

Planeta, 2018

Cuberta

Este é un deses libros esenciais que nacen da necesidade e da urxencia. Porque Leticia Dolera necesita contar por que é feminista e por que todas deberiamos selo. Un camiño vital no que se atopou con persoas inspiradoras, lecturas reveladoras, anécdotas "das boas, das malas e das peores" vividas moi preto ou en primeira persoa. Este libro é tamén a historia de mulleres valentes que marcaron o camiño e sentaron exemplo para axudarnos a espertar as nosas conciencias e tamén a ensinar ás mulleres máis novas.

Materias: 1. Feminismo

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-141 / DOL / mor

El asesino de Green River  / guión, Jeff Jensen ; dibujo, Jonathan Case 

Norma, 2015

Cuberta O detective Tom Jensen estivo vinte anos preparándose para preguntarlle a un monstro unha soa pregunta. O verán de 2003 chegoulle a oportunidade. Gary Leon Ridgeway, o asasino de Green River, matou a máis de corenta e oito mulleres e adolescentes. Durante 188 días, o detective encargado de atopar e deter ao peor asasino da historia dos EE UU, interrogou e prácticamente viviu co asasino ao que dera caza durante tanto tempo. Unha oportunidade única para intentar comprender as razóns detrás dese horrible comportamento.O xornalista Jeff Jensen, fillo de Tom Jensen, reuniu toda a información pertencente ao caso do seu pai, así como o seu testemuño directo, para narrar esa dramática procura dun cruel asasino e os seus motivaciones. Unha historia que cobra vida grazas ao debuxo claro e eficiente de Jonathan Case. Premio EISNER 2012 de BD

Materias: 1. Banda deseñada. 2. Intriga-Cómics. 3. Detectives-Cómics. 4. Investigación criminal-Cómics. 5. Asasinatos-Cómics

Dispoñible na sección de BD: COM / JEN / ase