UNHA CEBRA NA AUGA: PROXECTO EN MARCHA

Xa temos instalado no laboratorio de Bioloxía un acuario con 9 peixes cebra!

O IES de Brión participa no proxecto "Unha cebra na auga" promovido polo Departamento de Xenética da USC, dende a Facultade de Veterinaria en Lugo.

O proxecto trata de achegar a investigación científica ao alumnado e para iso traballaremos cos peixes cebra que temos xa no acuario e cun laboratorio virtual onde nos convertiremos en xenetistas: facendo cruzamentos, creando transxénicos, etc. Polo de pronto o comité de "expertos" en acuarios de Bioloxía de 4º de ESO xa fixo a montaxe deste e as primeiras análises indican que a auga está en perfectas condicións... Estamos en marcha, intentaremos chegar a bo porto.