UN ANO MÁIS... O PROXECTO RÍOS NO RÍO PEGO

 

O alumnado de PDC de 3º de ESO, como xa o fixera antes o de Ciencias da Terra e ambientais, tivo o martes 12 de novembro unha xornada de estudo do ecosistema do río Pego: estudaron o medio físico (biótopo) e as súas características (pH, Temperatura, etc) e os organismos vivos; entre os que destacan os macroinvertebados (sobre todo larvas de insecto), moi importantes para coñecer o estado ambiental do río polo seu carácter bioindicador. O mércores 13 foi o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO o que tomou o relevo nese estudo.

De momento, podemos respirar tranquilos: o río pego está en boas condicións, pero non podemos baixar a garda porque todos os ríos, especialmente os que están próximos a a vilas ou cidades, sufren múltiples ameazas.