TRANSPLANTANDO DOS TESTOS ÁO CHAN

Este martes 13 de marzo fixemos o transplante das leitugas e dos chícharos que tiñamos sementando nos testos áo chan. As leitugas non medraran moito pero os chícharos xa pasaban  dos 30 cm.

Para comezar, cavamos un pouco a terra do chan para que as raices das prantas non a atopasen moi compactada. A continuación engadimos por enriba terra nova e finalmente procedimos a pasar as plantas  a esta terra. Aproveitamos para plantar cebolas e botamos algunha semente máis de leitugas. Botamos tamén arredor de cada planta unha pequena cantidade de humus de lombriz. Finalmente, regamos  todo.

Proximamente, engadiremos algunha foto do aspecto co que quedou a plantación.