Skip to Content

Actividades

Viaxe de Estudos a Bremen (11 - 15 abril de 2011)


O Departamento de Alemán organiza unha viaxe de estudos a Bremen entre os días 11 e 15 de abril de 2011 cos alumnos de 4º ESO e 1º BACH. Máis información, como p.ex. o programa, atópase nos arquivos que xuntamos.

Viaxe de Estudos a Bremen

De seguido atópase a información sobre a viaxe de estudos a Bremen organizada polo departamento de alemán do centro.

WEIHNACHTSKARTEN-WETTBEWERB / Concurso de postais de Nadal en alemán

Die Deutschabteilung lädt zu einem Weihnachtskarten – Wettbewerb ein, unter folgenden Bedingungen: 
O Departamento de Alemán convoca un concurso de postais de Nadal en alemán, de acordo coas seguintes bases: 
1.        Es können alle Schüler des Gymnasiums teilnehmen, v.a. unsere Deutschschüler.
Poderán participar tódolos alumnos do centro, en especial os alumnos de alemán.
2.        Jeder Teilnehmer darf nur eine Postkarte auf Deutsch vorlegen.
Cada concursante deberá presentar unha soa postal en lingua alemá.
3.        Man kann verschiedene Techniken anwenden und Materialien benutzen.
Poderán realizarse con calquera técnica, material, empregando todo tipo de complementos.
4.        Frist ist der 20. Dezember 2010, und die Karten sollten in der Deutschabteilung abgegeben werden. Es sollte der Name und die Klasse auf der Rückseite der Postkarte stehen.
O prazo de entrega das postais remata o día 20 de decembro de 2010, e entregaránse no departamento de alemán co nome e o curso escrito na parte de atrás.

NIMM TEIL! ES GIBT PREISE!
PARTICIPADE QUE HABERÁ PREMIOS! 

Viaxe de estudos a Berlín

O Departamento de Alemán organiza unha viaxe de estudos a Berlín entre os días 23 e 27 de marzo cos alumnos de 4º ESO e 1º BACH. Máis información, como p.ex. o programa, atópase nos arquivos que xuntamos.

O muro de Berlín

Con motivo do 20 aniversario da caída do muro de Berlín do 9 de novembro de 1989, o departamento de alemán coordinou a construción dun muro pequeno na entrada do noso centro. Participaron varios grupos de alumnos (alumnos de alemán de 2º ESO, 4º ESO, 1º BACH, como tamén algúns voluntarios doutros cursos, como 4º E e os alumnos da sección bilingüe de Música de 1º BACH), profesores e algún voluntario máis, aos que queremos agradecer a súa colaboración.

Se queredes ver algunhas fotos de todo este evento, entrade no blog de alemán, http://lagoasaleman.blogspot.com/ .

O 9 de novembro pola mañá proxectamos un documental sobre a caída do muro de Berlín, "Cando caeu o muro - da división á reunificación", que podedes atopar aquí:

http://www.dw-world.de/popups/popup_single_mediaplayer/0,,4853139_type_video_struct_9129_contentId_4853704,00.html (en castelán).

Pola tarde procedemos co derrumbamento simbólico do noso muro.

O martes día 10, proxectamos a pelicula Goodbye Lenin (Alemaña, 2003) na aula de vídeo do instituto.

 

"Kasperl" - Sesión de títeres

00/00/

 

O mércores 11 de marzo no Salón de Actos da EOI de Ourense ven a ver

"KASPERL"

ás 17h, en alemán

ás 18.30h en francés

e ás 20h en italiano .

Título da Obra: POZIONE D'AMORE

Presentado por Carlo da Compagnia del Drago Rosso e Isabelle da Compagnia Balena Zoppa

Organizado polos departamentos de alemán, francés e italiano.

 

Viaxe de estudos a Viena - Reunión Informativa

00/00/

 

O próximo luns 6 de outubro de 2008 terá lugar na Sala de Xuntas do IES As Lagoas unha reunión informativa sobre a viaxe de estudos á Viena. A reunión será as 19h.

Xuntamos tamén os documentos de interese para os pais:

- Programa

- Información xeral sobre a viaxe

VIAXE DE ESTUDOS A VIENA - OUTUBRO 2008

00/00/

 

Os departamentos de Alemán do IES As Lagoas e do IES Arcebispo Xelmírez I e IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela) estamos a traballar nunha viaxe conxunta co noso alumnado de 4º curso da ESO e de bacharelato a Viena.

Para máis información, véase documento adxunto.

 

Presentación Power Point sobre Frankfurt

00/00/
Con motivo da viaxe a Frankfurt os alumnos de 1º BACH de alemán realizaron unha serie de traballos sobre esta cidade.

A modo de exemplo presentámosvos a continuación o traballo de Emma González (1ºA) e Eva Rodríguez (1ºE).

"Stammtisch" - Tertulia de alemán

00/00/

O próximo 14 de maio, como cada 2º mércores de mes, teremos o noso xa tradicional encontro de alemán (Stammtisch) no ANTIGUA SOCIAL CLUB (R/ Dr. Temes, 22 / Ourense). Todos os que queiran falar un pouquiño en alemán serán benvidos.

Comezo: a partir das 22h.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut