DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

.-

ACTO MULTIDISCIPLINAR IMPULSADO POR DÉBORA E A SÚA TITORÍA DE 4ºA Á QUE SE SUMARON MÚSICA -FON- E PLÁSTICA -LUZ- CO SEU ALUMNADO.

O resultado unha proxección dun fantástico poema dunha refuxiada de Siria declamada polo alumnado de 4º, unha danza con expresión corporal e unha espectacular música en directo, todo sobre o fondo dun decorado magnífico.

Podes ver o video premendo AQUÍ

 

 

 

O día 12 de maio celebrouse o día escolar das matemáticas e este ano ía sobre os mapas. Algunhas fotos representativas da celebración no insti. 

Podedes ollar máis fotos premendo AQUÍ

 

 

VELAÍ DÚAS IMAXES CO ALUMNADO DE MATEMÁTICAS ARMANDO AS CÚPULAS DE LEONARDO DO IMATXINA NO RECIBIDOR

para ver máis imaxes preme AQUÍ

 

Alumnado de 1ESO realizou unha saída ao Auditorio de Vigo onde participou en obradoiros con tangráns, pentaminós e hexamantes, policubos (pentacubos planos e soma), espellos, xogos de estratexia, actividades coa calculadora, resolución de problemas, estatística e ilusións ópticas. Velaí un par de imaxes

 

CONMEMORAMOS O DÍA PI

Un día antes do 3/14 por razóns organizativas, conmemoramos o día pi engalanando o recibidor e as escaleiras con imaxes matemáticas e realizando numerosos obradoiros no Recibidor, na Biblio e no Laboratorio. Foi alumnado de matemáticas quen fixeron de monitores/as e por elí pasaron todo 1º e 2º eso ás tres primeiras horas. Velaí unhas imaxes

 

Ademais premendo aquí irás á nova de europapress na que se recoñece un premio á profe de mates Débora  pola celebración do día pi

 

E premendo AQUÍ poderas acceder á galería con todas as fotos dos obradoiros do día PI

 

 

 

Distribuir contido