PREMIOS ATRÉVETE

14 ALUMNXS DE EDUCACIÓN FINANCIEIRA DE 1º ESO, FINALISTAS COS SEUS PROXECTOS DO PROGRAMA ATRÉVETE DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN FÓRON Á CIDADE DA CULTURA O LUNS 17/6 CON PILO E LUZ

FINALMENTE RESULTARON PREMIADOS UXÍA ALDOVERA E PABLO YLLÁN

NORABOA A TODOS!

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019-2020

 

 

BENEFICIARIOS

 Todo o alumnado de ESO

REQUISITOS

·         Renda per cápita do ano 2017 igual ou inferior a 9000 € para Fondo Libros e 5400 € para material escolar.

·         Ter devoltos os libros adquiridos coa axuda anterior antes do 21 de xuño

PRAZO SOLICITUDES

·         Do 21 de maio ao 21 de xuño, para todo o alumnado, agás para o alumnado que repita 4ºESO que ten un mes desde a matrícula.

 

 

 

 

Renda per cápita familiar

Renda per cápita familiar

 

< 5.400€

>5.400 e

<9.000€

Fondo Libros

6 libros

4 libros

Vale material

50€

-------

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto

 

e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar

 

(DOG  do 20-05-2019)

 

O número de libros procedentes do Fondo que se indican poderían incrementarse se houbera existencias suficientes no centro.

 

Novidades da convocatoria: A solicitude pode realizarse, preferiblemente, na aplicación Fondolibros, unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

 

  •       No centro de ensino: Imprimir a solicitude e o anexo II e presentalos no centro (debidamente asinados) xunto coa documentación correspondente, que sería:

    . Orixinal e copia de todas as páxinas escritas do Libro de Familia  ou certificado de convivencia.

    . Deberán xustificar aquelas situacións específicas familiares:  discapacidade, viudedade, divorcios, violencia de xénero, etc.,  a 31 de decembro de 2017, agás esta última.

 

-           Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia

 

TRANSPORTE ESCOLAR

 

RUTAS E HORARIOS DO TRANSPORTE ESCOLAR

Para acceder á información, premer no seguinte enlace: RUTAS

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer